Skip to Content

A BUSCA DO TESOURO

 

A BUSCA DO TESOURO (14/11/2017)

 

A través do Proxecto Deportivo de Centro (PDC), por medio do programa Máis e Mellor Actividade Física, decidimos realizar unha actividade interdisciplinar ente a as áreas de Educación Física e Ciencias Naturais, para tentar concienciar ao alumnado da importancia da práctica de actividade física no medio natural, á vez que incidimos na importancia do seu coidado e conservación, como medio eficaz para previr os incendios forestais.

 

A actividade realizada consistiu nun xogo da busca do tesouro pola contorna do centro, contando para a súa elaboración e posta en práctica coa imprescindible colaboración que estaba a realizar as prácticas no centro.

 

Para comezar dividimos o alumnado en tres grupos, mesturando alumnado de tódalas idades en cada un deles. Asignamos a cada grupo unha cor (vermello, verde, azul) e dous mestres que os axudarían nas diferentes probas. Cada equipo sería unha brigada de incendios. En cada sitio había un artefacto incendiario simulado que debían desactivar ou recoller.

 

O xogo comezou na entrada do centro, onde o director lía unha carta dun carballo na que animaba aos brigadistas a superar diferentes probas para salvar o bosque e os edificios da contorna. Nesta carta o carballo daba unha pista a cada equipo que os dirixiría ao primeiro lugar onde realizar a súa misión.

 

Os recorridos foron deseñados de xeito de que cada equipo debía realizar as mesmas probas pero en distinta orde. Cada equipo realizou un total de seis probas diferentes, que finalmente os levaron a un punto en común, a igrexa de Lousada, onde o carballo que lles pedía axuda na primeira carta lles escribía para agradecerlles o seu grande esforzo.

 

As probas a realizar foron as seguintes:

 

  • Medir un carballo centenario formando ao redor del unha cadea colléndonos das mans. Tentar adiviñar cantos anos podía ter.

  • Recoller o lixo.

  • Transportar auga facendo unha cadea humana.

  • Escoitar o que a natureza nos tiña que dicir.

  • Limpar de maleza os pendellos da feira.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTASE ESTA ACTIVIDADE. A NOS ENCANTOUNOS!!

 

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut