Skip to Content

Ciencias Naturais

Experimentamos con LÍQUIDOS

Nesta ocasión, as nosas pequenas e pequenos científicas/os viron as diferentes propiedades que teñen os líquidos, e quen proveito podemos sacar de cada unha delas. Empregamos diferentes líquidos: aceite, xabón, mel, alcohol e auga.

Así mesmo traballamos conceptos como a densidade, flotabilidade e mesturas dunha maneira moi visual. Todo isto empregando sempre os pasos do método científico. 

De cada un dos liquidos tiñamos que calcular a súa densidade coa seguinte fórmula:

Resultado de imagen de densidad formula

 

Para iso empregamos unha báscula dixital (para medir a masa) e unha probeta (para medir o volume).

 

Estreamos Laboratorio!

As nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria querían recuperar un habitáculo do centro que estaba un pouco en deshuso: o laboratorio escolar de ciencias. 

Así que puxémonos todos mans a obra e comezamos a recolocar todas as ferramentas e materiais que podíamos empregar nas nosas clases para poñer en práctica algún tema de Ciencias Naturais que tiñamos por diante neste 3º trimestre. 

Así desta maneira reinaguramos o noso...

"Our little SCIENCE LAB"

Na primeira visita ao laboratorio os nosos pequenos científicos e científicas comezaron a entrar en contacto coas distintas ferramentas que podemos ter nun laboratorio e co modo de traballo neste tipo de entorno. 

Traballamos empregando o METODO CIENTÍFICO. Neste pequeno video podemos ver en que consiste este método dunha maneira sinxela: observación, hipótesis, experimentación e resultados. 

Para que nós vai servir o laboratorio?

Son moitos os conceptos que o noso alumnado ve cada día nos libros de texto ou outras fontes de información: masas, volumes, densidades, reaccións químicas, propiedades e cambios da materia...

A roda dos alimentos

En Ciencias Naturais estivemos a traballar sobre a alimentación e os nutrintes, como os usamos e de onde os obtemos. Este foi un bo momento para falar sobre a variedade de alimentos que temos e como non, aprender a como consumilos tendo en conta o que o noso corpo necesita. 
O alumnado estivo traballando nunha gran roda dos alimentos, coa que aprenderon que tipo de nutrintes nos aporta cada alimento, cales debemos consumir a diario e cales son aqueles que debemos gardar sen comer uns días máis. 
 
Despois de un par de sesións traballando nela, colgamola no comedor do centro, para así poder recoñecer con que nutrintes nos estamos a alimentar cada día. 
 

Invernadoiro e Horto ecolóxico escolar

No centro levamos a cabo moitas actividades relacionadas co rural e co traballo e o coidado do medio ambiente. 

Todo isto traballamolo nas aulas e tamén a traves dos proxectos desenvolvidos este curso, como o Alimentate Ben ou o Proxecto deportivo de centro. Con eles pretendemos promover hábitos de vida saudables, tanto na actividade física como na alimentación, no noso alumnado. 

Por todo isto facía tempo que tiñamos gañas de por en funcionamento un invernadoiro e horto ecolóxico, co que poderemos tratar de forma significativa moitos dos temas tratados a diario co noso alumnado ademáis de ser unha actividade moi motivadora e enriquecedora para todos e todas.

Ao mesmo tempo con esta actividade fomentamos o traballo cooperativo e inculcamos valores, como a importancia do coidado do noso medioambiente, o valor do esforzo e valor do traballo en equipo para acadar as nosas metas. 

Para comezar con esta iniciativa buscamos sementes, promovendo o uso de sementes autóctonas e ecolóxicas, moitas delas doadas polas familias. 

Tamén a axuda das familias foi transcendental á hora de preparar a terra. Gracias a todos e todas as que axudastes a que este proxecto salira adiante, xa que como centro pequeno que somos, toda axuda nestas actividades é ben recibida. 

As nenas e nenos traballaron moito para poder ver o seu horto en pé: instalaron o invernadoiro, prepararon a terra, organizaron e buscaron información sobre as sementes e cando plantalas...

E ti...tes uns hábitos saudables?

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de educación primaria estiveron estas semanas traballando nas clases de Ciencias Naturais nun proxecto, empregando as novas tecnoloxías, para recadar información e analizala para sacar conclusións sobre se temos uns hábitos saudables no centro e nas nosas casas.

Para isto creáron unha enquisa, na que participaron eles, o profesorado do centro e tamén todo aquel que estivera interesado/a en colaborar. 

Unha vez teñamos os datos, realizaremos o seu análise, empregando gráficas, para coñecer un pouco máis sobre os malos e bos hábitos que temos, e que podemos facer para melloralos. 

O alumnado de 4º, 5º e 6º agradecen a colaboración de todos e todas os que participedes na enquisa! 

Animádevos! 

Enquisa hábitos saudables 4º 5º 6º

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut