Skip to Content

Estreamos Laboratorio!

As nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria querían recuperar un habitáculo do centro que estaba un pouco en deshuso: o laboratorio escolar de ciencias. 

Así que puxémonos todos mans a obra e comezamos a recolocar todas as ferramentas e materiais que podíamos empregar nas nosas clases para poñer en práctica algún tema de Ciencias Naturais que tiñamos por diante neste 3º trimestre. 

Así desta maneira reinaguramos o noso...

"Our little SCIENCE LAB"

Na primeira visita ao laboratorio os nosos pequenos científicos e científicas comezaron a entrar en contacto coas distintas ferramentas que podemos ter nun laboratorio e co modo de traballo neste tipo de entorno. 

Traballamos empregando o METODO CIENTÍFICO. Neste pequeno video podemos ver en que consiste este método dunha maneira sinxela: observación, hipótesis, experimentación e resultados. 

Para que nós vai servir o laboratorio?

Son moitos os conceptos que o noso alumnado ve cada día nos libros de texto ou outras fontes de información: masas, volumes, densidades, reaccións químicas, propiedades e cambios da materia...

Unha boa forma de que estes coñecementos queden grabados nas súas mentes é facelo dunha maneira máis significativa, visual e manipulativa para eles.

Para rematar esta sesión, repartimos a cada un a seguinte recopilación sobre os materiais cos que contamos no noso laboratorio para aprender máis sobre cada un deles: de que materiais están feitos, para que serven, como se empregan e precaucións á hora de manexalos.

 



blog | by Dr. Radut