Skip to Content

EDIXGAL

Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) - Educación Dixital

Acceso á páxina de contidos do proxecto, EVA dixital, premendo na imaxe.

 

Software Abalar - Listaxe e descripción programas do portátil do alumnado

INFORMACIÓN ÚTIL para FAMILIAS e ALUMNADO

Os ordenadores do proxecto E-dixgal do alumnado ten unha serie de programas libres (software libre) que poden ser moi útiles para desenvolver distintas capacidades e para traballar en diferentes tipos de proxectos.

Para axudar tanto as familias na orientación dos seus fillas/os, como ao alumnado para escoller o mellor programa para a tarefa que teñen que realizar, deixamos no seguinte enlace o acceso a unha descripción de cada un dos programas instalados nos portátiles.

Preme na seguinte imaxe para acceder á páxina:

ESCOLA DE NAIS E PAIS: Educación dixital - Antonio Rial

Un ano máis realizamos no centro a Escola de Nais e Pais.

Esta iniciativa nace debido á participación do profesorado en Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), por segundo curso consecutivo, e á existencia de tres Grupos de Traballo do profesorado no centro. Estes grupos de traballo están vinculados a tres proxectos levados a cabo durante este presente curso escolar 2018-2019: “Edulingüe: centro Plurinfantil e Plurilingüe”, “EDIXGAL: educación dixital” e “Introdución á robótica educativa na educación primaria”.

No centro somos conscientes da importancia da actualización e continua formación do profesorado para poder acadar os obxectivos que nos propoñemos en cada proxecto levado a cabo no centro. Do mesmo xeito, consideramos que é importante a formación das familias paralelamente en asuntos de grande interese, tanto no ámbito da escola como fóra dela, para a educación e desenvolvemento persoal e social dos/as vosos/as fillos/as.

EDIXGAL - Entorno Virtual de Aprendizaxe

Durante este presente curso escolar 2018-2019 estamos a por en marcha no centro o proxecto EDIXGAL en 5º e 6º de Educación Primaria. 

Este proxecto esta enmarcado no proxecto da Consellería Edudixital 2020.

Edudixital 2020

Continúase así co despregamento do libro dixital no ensino galego, enmarcado na Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020). Algúns dos obxectivos deste plan son lograr que todo o alumnado do ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21, romper coa fenda de xénero nos estudos STEM e acadar os 300 centros e máis de 20.000 alumnos beneficiados co libro dixital no 2020/21.

Cómpre lembrar que os centros que se incorporan este curso poderán beneficiarse desde o inicio das novidades do programa, tales como a incorporación dun novo provedor de contidos, aulaPlaneta, que se sumou a Netex e Edebé. Ademais, estará dispoñible o centro de produción, que facilitará aos docentes novas ferramentas e mecanismos para que poidan incorporar á plataforma contidos educativos innovadores. E tamén está en proceso de licitación o contrato dun novo provedor de contidos en inglés.

Distribuir contido


by Dr. Radut