Skip to Content

Ciencias Sociais

A nosa gran cidade / Our BIG city

Na aula de plástica, co alumnado de Ed. Infantil e o de 1º,2º e 3º de primaria,  estivemos a traballar nas últimas semanas nun proxecto transversal entre diferentes asignaturas (inglés, arte e ciencias sociais) e proxectos (Mobilidade Sostible e segura, Robótica, Plurinfantil e Plurilingüe): a realización da maqueta dunha cidade

Na área de ciencias sociais, o alumnado estivo a aprender a diferenza entre os servizos e construccións que atopamos nunha cidade, nun pobo e nunha aldea. 

Na área de plástica, na que a lingua vehicular é o inglés, estivemos a aprender os nomes dos materiais que empregamos para realizar a nosa maqueta; repasamos as cores, formas e números; e por último aprenderon o nome das tendas, edificios e lugares que escollemos para formar parte da nosa cidade. 

Por outra banda, xa que no centro temos os proxectos de "Mobilidade sostible e segura" e "Introducción á robótica na educación primaria", nas próximas semanas pasaremos á seguinte fase deste proxecto, na que empregaremos os nosos robots para pasear pola cidade, repasando normas de circulación segura (como conductores e como peatóns), así como desarrollar no alumnado valores de conservación do entorno. Pronto veredes máis sobre esta actividade. 

Distribuir contido


by Dr. Radut