Skip to Content

Experimentamos con LÍQUIDOS

Nesta ocasión, as nosas pequenas e pequenos científicas/os viron as diferentes propiedades que teñen os líquidos, e quen proveito podemos sacar de cada unha delas. Empregamos diferentes líquidos: aceite, xabón, mel, alcohol e auga.

Así mesmo traballamos conceptos como a densidade, flotabilidade e mesturas dunha maneira moi visual. Todo isto empregando sempre os pasos do método científico. 

De cada un dos liquidos tiñamos que calcular a súa densidade coa seguinte fórmula:

Resultado de imagen de densidad formula

 

Para iso empregamos unha báscula dixital (para medir a masa) e unha probeta (para medir o volume).

 

Unha vez todas as densidades foron calculadas, fixemos a nosa hipótese, pensando que líquidos se mesturarían, cales non e en que orde quedarían colocados. Logo procedemos a botalos en varios recipientes e ver se as nosas hipótesis se cumprían. 

A nosa hipótesis coincidiu co resultado final: os líquidos formaron capas segundo o previsto ao calcular as súas densidades. 

 



blog | by Dr. Radut