Skip to Content

Primeiros pasos con DOC

 

 

Neste segundo trimestre, o alumnado de 1º, 2º e 3º comezará a traballar máis no mundo da robótica co noso robot DOC.

Para comezar as nenas e nenos realizarón un brainstorming para buscarlle un nome ao robot, e despois dunha dura votación, o nome escollido foi TINTÍN.

Durante este proxecto crearemos un rincón permanente de robótica educativa. Nel o alumnado poderá traballar co robot de maneira guiada nalgunhas actividades, pero tamén de maneira autónoma, podendo atender deste xeito aos diferentes ritmos de aprendizaxe que nos atopamos na aula.

O robot acompañaranos non soamente nas sesións específicas de robótica que realizará o alumnado destes niveis, senón que tamén o empregaremos para adquirir e repasar os contidos de distintas materias dunha maneira lúdica ao longo deste trimestre mediante o planteamento de diferentes actividades e creando taboleiros que empregarán para explorar este tipo de recursos en función da temática proposta.

Na sesión de oxe estivemos a traballar a orientación espacial, a direccionalidade e a lateralidade con distintos retos sinxelos, tanto de forma colaborativa como de forma individual.

 

 



blog | by Dr. Radut