Skip to Content

Robótica en Lousada

No CEIP Plurilingüe de Lousada estamos a desenvolver o proxecto de innovación educativa_

"Introducción á robótica na educación primaria".

O obxectivo máis importante que nos propoñemos con este proxecto é iniciar ao noso alumnado no desarrollo de habilidades e competencias clave a través da resolución de retos cognitivos mediante o uso da robótica e da programación, empregando as novas tecnoloxías e dando resposta as novas demandas educativas deste sociedade. Pero si debemos ter clara a seguinte premisa:

motivación  no noso alumando é unha das chaves para que poidan acadar os seus obxectivos tanto cognitivos como persoais. Por iso vemos neste proxecto unha forma lúdica e creativa de traballar contidos e desarrollar competencias dunha maneira dinámica e significativa, dandolles a oportunidade de ver unha aplicación real a todos os contidos que ven día a día na aula. 

A aprendizaxe mediante o uso das conocidas STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxenería, arte e matemáticas) facilitanos o desarrollo de competencias como a aceptación do erro, a búsqueda de solucións a un problema, a toma de decisións, o traballo cooperativo e o respecto aos demais entre outros moitos aspectos. Non vos perdades as nosas actividades!



blog | by Dr. Radut