Skip to Content

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

O luns 11 de maio restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma. Os prazos a ter en conta son os seguintes:

  • Presentación de solicitudes: 11 a 18 de maio.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só se hai máis solicitudes que postos e, polo tanto, haxa que baremalas): ata o 26 de maio.
  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.
  • Reclamacións: 3 días hábiles dende a antedita publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño.
 

Matrícula ordinaria para todas as etapas: 1 ao 10 de xullo

Durante o proceso de admisión o centro permanecerá aberto de 10:00 a 13:00 para calquera trámite, dúbida ou consulta.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2023/2024

Dende o CEIP Plurilingüe de Lousada informamos:

TODOS OS ALUMNOS QUE PRESENTARON A SOLICITUDE DE MATRICULA PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024 FORO ADMITIDOS.

 

A listaxe provisional está publicada no centro.

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2023/2024

FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS ADSCRITOS CURSO 2023/2024

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, oxe, día 16 de xaneiro, inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adcrición para o alumnado que cambia de etapa.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual, empregando o formulario en papel (que se enviou a través do alumnado) ou ben de xeito telemático, a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

  • O prazo para a asignación de prazas remata o 6 de febreiro; mais cómpre entregalo canto antes

 

Calquera dúbida será resolta no centro educativo.

ESCOLA DE NAIS E PAIS: Educación dixital - Antonio Rial

Un ano máis realizamos no centro a Escola de Nais e Pais.

Esta iniciativa nace debido á participación do profesorado en Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), por segundo curso consecutivo, e á existencia de tres Grupos de Traballo do profesorado no centro. Estes grupos de traballo están vinculados a tres proxectos levados a cabo durante este presente curso escolar 2018-2019: “Edulingüe: centro Plurinfantil e Plurilingüe”, “EDIXGAL: educación dixital” e “Introdución á robótica educativa na educación primaria”.

No centro somos conscientes da importancia da actualización e continua formación do profesorado para poder acadar os obxectivos que nos propoñemos en cada proxecto levado a cabo no centro. Do mesmo xeito, consideramos que é importante a formación das familias paralelamente en asuntos de grande interese, tanto no ámbito da escola como fóra dela, para a educación e desenvolvemento persoal e social dos/as vosos/as fillos/as.

Obradoiro Hixiene Bucodental e Nutrición

Unha das modalidades do plan proxecta "Aliméntate Ben" que estamos a desenvolver no centro é o "Xermoliño", grazas ao cal tivemos no centro un obradoiro de nutrición e saúde bucodental para o alumnado e as familias do centro.

A obesidade infantil e os malos hábitos alimenticios son dous males moi presentes na nosa sociedade, e na escola non debemos manternos ao marxe desta problemática.

Neste centro contemplamos que a educación do noso alumnado debe ir máis ala da preparación curricular, polo que damos moita importancia a que sexan críticos, neste caso, cos seus hábitos alimenticios e hixiénicos e actuen en consecuencia.

Por que e como se forman as caries? Estamos a cepillar ben os nosos dentes? Temos unha alimentación equilibrada e saudable?

Educar para a saúde é un dos nosos principais obxectivos e valoramos moi positivamente a participación das familias neste taller no que, da man das especialistas que nos acompañaron, puidemos saber un pouco máis sobre o que é unha dieta saudable, hábitos diarios que debemos mellorar e como non, como debemos cepillarnos correctamente para unha boa saúde bucodental, evitando deste xeito outro tipo de enfermidades que poden provocar calquera destes hábitos nocivos que tan normalizados se atopan a veces no noso día a día, normalmente por descoñecemento.

Distribuir contido


by Dr. Radut