Skip to Content

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Fase de reserva de prazas en centros adscritos

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes (código de procedemento ED330E).

O alumnado que obtivo vale para material escolar neste curso 2020/2021 será beneficiario directo, polo que non terá que realizar ningún tramite.

O alumnado que non obtivo vale para material escolar pero pertenza a familias cunha renda igual ou inferior a 6.000€ deberá presentar solicitude.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro  utilizando o formulario normalizado Anexo I, que atoparedes ao fondo desta publicación en ficheiro adxunto. Tamén está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no propio centro educativo.

PLANS DO CENTRO EN RELACIÓN CO COVID 19

 

Tedes á vosa disposición os protocolos do centro de adaptación ao contexto da Covid para o cuso 2020/2021

 

 

DATAS DE COMENZO DO CURSO

 

Seguindo as instrucións publicadas pola  Dirección Xeral de Educación establécense novas datas de inicio do curso escolar, de xeito gradual.

 INICIO CURSO ESCOLAR

  • Xoves 10 de setembro incorporarase:

4º e 5º de educación infantil (3 anos e 4 anos)

1º, 2º e 3º de educación primaria.

  • Venres 11 de setembro incorporarase:

6º de educación infantil ( 5 anos)

4º, 5º e 6º de educación primaria

NOVAS INSTRUCCIÓNS SOBRE A FINALIZACIÓN DO CURSO

Publicadas as Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Para ver toda a información preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut