Skip to Content

MULLERES GALEGAS

Xa temos no noso centro unha nova colección de libros, neste caso sobre Mulleres Galegas, mulleres que foron fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea.

Con este tipo de materiais traballaremos en profundidade a vida e traballo destas mulleres, e non soamente como unha visión anecdótica e secundaria, senon como un aporte importante á sociedade tal e como a coñecemos hoxe en día.

Neste caso son 5 libros sobre 5 mulleres, que destacaron en diferentes campos: na educación, arte, ciencia...

Angeles Alvariño foi unha gran oceanógrafa. PREME AQUÍ

Maruja Mallo, gran pintora surrealista nada na provincia de Lugo. PREME AQUÍ

María Victoria Moreno, escritora de literatura infantil e xuvenil. PREME AQUÍ

EDUCACIÓN SEXUAL

No centro tivemos unhas charlas de educación sexual promovidas pola Deputación de Lugo, impartidas por médicas/os e sexólogas/os, co que se pretende afondar nun tema moi importante para o desenvolvemento persoal do noso alumnado.

Estas charlas desenvolveronse en dúas fases.

Nunha primeira sesión, desenvolta o día 13 de febreiro, realizouse unha charla xeral sobre a sexualidade, a menstruación e os seus produtos hixíenicos, métodos anticonceptivos e enfermidades de transmisión sexual...

Nunha segunda sesión, desenvolta o 18 de febreiro, o alumnado puido preguntar todas as dúbidas que puideran ter sobre este tema, e todas elas foron respostadas pola ponente que se acercou ao centro.

As charlas foron dinámicas e moi entretidas, nas que estes temas foron tratados con moita naturalidade e dando información real e útil ao alumnado. Fíxose fincapé na autonomía e a aceptación do propio corpo, a diversidade sexual e a normalización dos procesos que o noso corpo vai presentando, como os cambios da puberdade e a regra.

Charla: ECONOMÍA CIRCULAR

Que é a ECONOMÍA CIRCULAR?

Durante o 14 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria participou nunha charla sobre Economía circular, un proxecto desenvolto pola asociación medioambiental "Galicia Ambiental".

Esta nova corrente busca preservar a natureza, coa innovación tecnolóxica como aliada fundamental, no que a reciclaxe, máis ala de ser un obxectivo, é un complemento máis cara a consecución dun desenvolvemento sostible da sociedade e un aproveitamento dos recursos naturais que temos ao noso alcance.

Como resumo da charla, podemos salientar o seguinte decálogo:

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR NO CENTRO!

Un dos proxectos clave do centro, o cal levamos desenvolvendo durante varios cursos escolares, é o Plan Proxecta "Aliméntate Ben", co que pretendemos, como ben sabedes, concienciar pouco a pouco ao alumnado da importancia dunha boa alimentación e estilo de vida saudable, así como do coidado do medio ambiente e a produción ecolóxica, incidindo na repercusión que isto ten sobre a nosa saúde e o futuro do noso planeta.

De novo, unha das modalidades que desenvolvemos no eido deste plan durante este curso é O sabor da aventura está no mar.

O martes 12 de febreiro, o noso comedor escolar transoformouse e o alumnado estivo a participar nunha xornada pesqueira, na que voltamos saudar aos Arroases e as súas aventuras (e algún/algunha coñeceunos por primeira vez).

Troita, Xurelo, Mexilón, Pescada...vimos todos os nutrintes e propiedades que teñen estes peixes e porque son tan bos para nós.

Creando os nosos escenarios e personaxes

Continuamos coa nosa curta, e desta volta centrámonos na elaboración das nosas personaxes e escenarios.

Na elección do material a empregar para elaborar as nosas personaxes seguimos os consellos dos módulos do plan proxecta "Nós tamén creamos" e tratamos de reciclar o máis posible polo que decidimos empregar materiais do día a día desgastados ou en desuso: roios de papel hixiénico, pelotas de ping pong danadas, tapóns, restos de cartulinas... Iso sí, botandolle moita creatividade!

Logo dunhas sesións traballando, rematamos as personaxes para a nosa primeira escena e o noso primeiro escenario e comezamos a experimentar máis coa grabación. 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do proceso de traballo, das personaxes creadas e do escenario e a grabación da primeira escena. Que vos parece?

Distribuir contido


by Dr. Radut