Skip to Content

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR NO CENTRO!

Un dos proxectos clave do centro, o cal levamos desenvolvendo durante varios cursos escolares, é o Plan Proxecta "Aliméntate Ben", co que pretendemos, como ben sabedes, concienciar pouco a pouco ao alumnado da importancia dunha boa alimentación e estilo de vida saudable, así como do coidado do medio ambiente e a produción ecolóxica, incidindo na repercusión que isto ten sobre a nosa saúde e o futuro do noso planeta.

De novo, unha das modalidades que desenvolvemos no eido deste plan durante este curso é O sabor da aventura está no mar.

O martes 12 de febreiro, o noso comedor escolar transoformouse e o alumnado estivo a participar nunha xornada pesqueira, na que voltamos saudar aos Arroases e as súas aventuras (e algún/algunha coñeceunos por primeira vez).

Troita, Xurelo, Mexilón, Pescada...vimos todos os nutrintes e propiedades que teñen estes peixes e porque son tan bos para nós.

Receitas, como se realiza a pesca e o cultivo do mexilón no mar, e para rematar a xornada, por un lado o alumnado de primaria divertiuse moito nun xogo no que todas/os puxemos a proba os nosos coñecementos e habilidades, e por outro lado o alumnado de infantil crearon os seus propios puzzles, debuxos e manualidades para a aula.

Sen dúbida, o sabor da aventura está no mar!

 

 



blog | by Dr. Radut