Skip to Content

MULLERES GALEGAS

Xa temos no noso centro unha nova colección de libros, neste caso sobre Mulleres Galegas, mulleres que foron fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea.

Con este tipo de materiais traballaremos en profundidade a vida e traballo destas mulleres, e non soamente como unha visión anecdótica e secundaria, senon como un aporte importante á sociedade tal e como a coñecemos hoxe en día.

Neste caso son 5 libros sobre 5 mulleres, que destacaron en diferentes campos: na educación, arte, ciencia...

Angeles Alvariño foi unha gran oceanógrafa. PREME AQUÍ

Maruja Mallo, gran pintora surrealista nada na provincia de Lugo. PREME AQUÍ

María Victoria Moreno, escritora de literatura infantil e xuvenil. PREME AQUÍ

Ernestina Otero, maestra e pedagoga. PREME AQUÍ

Ángeles Ruíz Robles, mestra e precursora do libro electrónico. PREME AQUÍ

No mes de Abril teremos un contacontos co que aprenderemos moito máis sobre unha destas mulleres. De cal será?



blog | by Dr. Radut