Skip to Content

Obradoiro Hixiene Bucodental e Nutrición

Unha das modalidades do plan proxecta "Aliméntate Ben" que estamos a desenvolver no centro é o "Xermoliño", grazas ao cal tivemos no centro un obradoiro de nutrición e saúde bucodental para o alumnado e as familias do centro.

A obesidade infantil e os malos hábitos alimenticios son dous males moi presentes na nosa sociedade, e na escola non debemos manternos ao marxe desta problemática.

Neste centro contemplamos que a educación do noso alumnado debe ir máis ala da preparación curricular, polo que damos moita importancia a que sexan críticos, neste caso, cos seus hábitos alimenticios e hixiénicos e actuen en consecuencia.

Por que e como se forman as caries? Estamos a cepillar ben os nosos dentes? Temos unha alimentación equilibrada e saudable?

Educar para a saúde é un dos nosos principais obxectivos e valoramos moi positivamente a participación das familias neste taller no que, da man das especialistas que nos acompañaron, puidemos saber un pouco máis sobre o que é unha dieta saudable, hábitos diarios que debemos mellorar e como non, como debemos cepillarnos correctamente para unha boa saúde bucodental, evitando deste xeito outro tipo de enfermidades que poden provocar calquera destes hábitos nocivos que tan normalizados se atopan a veces no noso día a día, normalmente por descoñecemento.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTE PROXECTO PROMOVIDO POLA CONSELLERÍA PREME AQUÍ



blog | by Dr. Radut