Skip to Content

A orixe do cine e da animación

LUCES...CÁMARA...ACCIÓN!!

Comezamos a por en marcha actividades enmarcadas no proxecto "Nós tamén creamos".

Este proxecto, no que participará o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de educación primaria, versará sobre o mundo do cine e da animación, proxecto no que realizarán un STOP MOTION dun libro de literatura galega que elas/es memas/os escollan entre unha colección deles. 

Pero este amor polo cinema será extendido a todo o alumnado do centro, dende a Educación Infantil ata os cursos máis altos da Educación Primaria, polo que todo o centro se mergullará no mundo do cine e da animación empregando diferentes estilos, técnicas e diferentes recursos.

Para saltar dentro deste proxecto, decidimos comezar dende o principio, polo que no centro realizamos un taller de animación e orixe do cine.

Primeiramente o alumnado expuxo as súas ideas previas sobre o cine, os seus gustos e como pensan que comezou este arte e cando (case o adiviñan).

Logo vimos un video sobre a orixe do cine, no que moitas das nosas dúbidas xa foron resoltas, e onde puidemos comparar despois da visualización o diferente que era o cine nos seus inicios se o comparamos co cine de hoxe en día: en branco e negro, mudo, menos actrices e actores, máis sinxelo, case ningún efecto especial, e moito máis.

Finalmente realizamos unha actividade plástica creando as nosas propias animacións en forma de FLIPBOOKS e TAUMATROPOS.

Aquí deixamos un pequeno video como resumo desta xornada.



blog | by Dr. Radut