Skip to Content

Primeira grabación dun STOP MOTION

O xoves no centro realizamos un obradoiro no eido do plan proxecta "Nós tamén creamos", no que as nenas e nenos comezaron a traballar co kit de grabación que se adquiriu no centro.

Primeiro creamos as nosas personaxes. Aproveitamos para reciclar e empregar materiais en deshuso do centro, calquera cousa se pode convertir nunha bonita personaxe con un pouco de imaxinación e pegamento.

Unha vez tivemos o noso elenco de actores e actrices preparado, montamos o noso kit de grabación: cámara, portátil, lámpadas de iluminación...

O fondo que escollemos desta volta foi branco, para xogar coa luz e ver as sombras que se producen durante a grabación e ver os distintos efectos que podemos conseguir con ela.

Durante esta primeira práctica recibiron unhas nocións básicas de manexo e seguridade mentras se traballa con este equipamento.

Por outro lado aprendemos como traballar organizadamente en grupo. Cada alumno/a tiña a súa función e é moi importante ter palabras clave entre o alumnado encargado de mover as persoaxes, o encargado de capturar o fotograma, o alumnado de iluminación... e así poder traballar organizados para obter un bo resultado.

O resultado foi sorprendente para todas/os, e aínda que queda moito que mellorar e perfeccionar esta primeira sesión foi un éxito!

 



blog | by Dr. Radut