Skip to Content

I Congreso Aliméntate Ben - Santiago

Como xa viñemos anunciando, fomos un dos 10 colexios de primaria que participaron este ano no "I Congreso Aliméntate Ben", celebrado o pasado Xoves, 3 de Maio, en Santiago de Compostela. 

Ata alá nos desprazamos moi cedo pola mañán: alumnado, profesorado e familias collemos todos os materiais que íamos ensinar e saímos no bus para comezar unha gran xornada. 

 

Chegamos a Santiago e o primeiro foi montar o noso stand. Naquel pequeno recuncho intentamos reflexar todo o que estivemos a realizar durante este curso no eido do plan proxecta "Aliméntate Ben": o noso horto e invernadoiro, obradoiro de pan, obradoiro de queixo, gráficas das nosas investigacións sobre os alimentos que consumimos e os nosos hábitos saudables e non tan saudables, comparativa do noso menú con un menú escolar de Gales, as nosas batidoras para dar a probar os batidos tan saudables que estivemos a facer, mostras das nosas plantas para regalar e unha morea de cousas máis! 

 

Estreamos Laboratorio!

As nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria querían recuperar un habitáculo do centro que estaba un pouco en deshuso: o laboratorio escolar de ciencias. 

Así que puxémonos todos mans a obra e comezamos a recolocar todas as ferramentas e materiais que podíamos empregar nas nosas clases para poñer en práctica algún tema de Ciencias Naturais que tiñamos por diante neste 3º trimestre. 

Así desta maneira reinaguramos o noso...

"Our little SCIENCE LAB"

Na primeira visita ao laboratorio os nosos pequenos científicos e científicas comezaron a entrar en contacto coas distintas ferramentas que podemos ter nun laboratorio e co modo de traballo neste tipo de entorno. 

Traballamos empregando o METODO CIENTÍFICO. Neste pequeno video podemos ver en que consiste este método dunha maneira sinxela: observación, hipótesis, experimentación e resultados. 

Para que nós vai servir o laboratorio?

Son moitos os conceptos que o noso alumnado ve cada día nos libros de texto ou outras fontes de información: masas, volumes, densidades, reaccións químicas, propiedades e cambios da materia...

Proxecto Aliméntate Ben en Lousada 2017-2018

Xa case rematando o curso realizamos a seguinte presentación para facer un resumo de todas as actividades que se fixeron neste curso 2017-2018, no eido do plan proxecta "Aliméntate Ben", que levamos varios anos levando a cabo neste centro. 

Nesta presentación ensinámosvos todas os motivos, metodoloxía e todas as actividades e fotografías do noso alumnado, que sen dúbida, foron os que máis traballaron ao longo do proxecto. 

Se non conseguides ver a presentación nesta páxina, podedes acceder a ela premendo aquí:

Proxecto Aliméntate ben en Lousada 2017-2018

Family song / Canción da familia

Here is a song that we have been using in English classes with Infantil to learn the members of the family, hope you enjoy it!!

 

Aquí hai unha canción que estamos usando nas clases de inglés con Infantil para aprender o nome dos membros da familia, esperamos que vos guste!!!!
 

Healthy food / Comida saudable

To prepare for the healthy eating congress in Santiago, we compared our school with a primary school in Wales, United Kingdom. We looked at the school menus for a four week period and compared our eating habits. We made graphs showing, for example, the amount of meat, fish, fruit, and vegetables eaten. We found that both schools were quite similar but Lousada was healthier overall. In the welsh school we found out that they have the choice between an unhealthy dessert and fresh fruit and often have fried food. Whereas in Lousada everyday we eat fresh fruit and vegetables and salads. We showed our findings by making a poster and decorating it with pride!

 

We are all ready to go to the congress! See you there!

 

 

Para prepararnos para o congreso de comida saudable en Santiago, nós comparamos o noso colexio con un de Gales, no Reino Unido. Miramos o menú durante un mes e comparamos os nosos hábitos alimentarios. Fixemos gráficos para mostrar, por exemplo, a cantidade de carne, peixe, froitas e verduras que comemos. Atopamos que os dous colexios teñen hábitos moi similares, pero en Lousada comemos máis san. No colexio galés atopamos que o alumnado para as sobremesas pode escoller entre algo pouco saudable e froita fresca, e con moita frecuencia teñen comida frita. Mentres en Lousada todos os días tomamos froita fresca, verduras e ensaladas. Nós amosamos os nosos resultados nun gran cartel.
 
Estamos preparados para ir ao congreso!! Vémonos alí!!!!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut