Skip to Content

I Congreso Aliméntate Ben - Santiago

Como xa viñemos anunciando, fomos un dos 10 colexios de primaria que participaron este ano no "I Congreso Aliméntate Ben", celebrado o pasado Xoves, 3 de Maio, en Santiago de Compostela. 

Ata alá nos desprazamos moi cedo pola mañán: alumnado, profesorado e familias collemos todos os materiais que íamos ensinar e saímos no bus para comezar unha gran xornada. 

 

Chegamos a Santiago e o primeiro foi montar o noso stand. Naquel pequeno recuncho intentamos reflexar todo o que estivemos a realizar durante este curso no eido do plan proxecta "Aliméntate Ben": o noso horto e invernadoiro, obradoiro de pan, obradoiro de queixo, gráficas das nosas investigacións sobre os alimentos que consumimos e os nosos hábitos saudables e non tan saudables, comparativa do noso menú con un menú escolar de Gales, as nosas batidoras para dar a probar os batidos tan saudables que estivemos a facer, mostras das nosas plantas para regalar e unha morea de cousas máis! 

 

 

Coñecemos nenas e nenos doutros centros, vimos outros proxectos e participamos nunha morea de obradoiros, nos que fixemos actividades moi divertidas e probamos receitas e productos saudables e moi moi ricos.

 

Dando a coñecer os nosos productos e actividades

 

Xogando nas actividades da tarde

 

Obradoiro de Sabores

 

O máis importante desta experiencia? Que o alumnado puido compartir todo o seu traballo, ensinarllo ao mundo e sentirse valorados por iso, non hai maior recompensa que esa. 

 

Preme AQUÍ para ver a noticia na CRTVG

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut