3º E.P.

Acceso actividades on line.

ACCESO OS CADERNOS DE ACTIVIDADES ON LINE

Lengua castellana

Lingua galega

Matemáticas

 

Horario titoría on line coa titora

   

De luns a venres de 12-13 horas  na mensaxería de abalarMóbil.

Fora de ese horario podes realizar as túas consultas na mesma aplicación ou no correo electrónico da títora.

Respostarase polo mesmo medio o antes posible.

 

Solución das unidades Santillana programadas na web

Solucións ás tarefas de Santillana que foron programadas na web do colexio na primeira quincena de abril:

 curso: Lengua Castellana (unidade 5), Lingua Galega (unidade 6), Matemáticas (unidade 6)

 curso: Lengua Castellana (unidade 5), Lingua Galega (unidade 6), Matemáticas (unidade 5).

 

EXPERIMENTO: CRISTAIS CON AUGA E SAL

SEMANA CIENTÍFICA 3º (DO 15/6 AO 19/6/20)

Bos días, chic@s!

 Estamos nos últimos días deste curso.  Durante este tempo traballastes moito.  Parabéns por tanto traballo e tan ben feito! 

 As tarefas que vos envío esta semana son as últimas e están adicadas á Ciencia. Consisten en experimentos que podedes facer e nos pasos para a iniciación ao método científico

1. Observación

2. Predición ou formulación de hipóteses.

3. Experimentación

4. Análise

5. Comunicación dos resultados

 

Déixovos tamén un vídeo sobre Valores para a reflexión.

Adiante!

 

Quero dicirvos tamén que no próximo curso non estarei no colexio e gustaríame darvos as grazas porque aprendín moito con todas e todos vós.  Espero que vós gardedes tamén as aprendizaxes que tivemos ocasión de compartir e que vos sexan moi útiles agora e no futuro.

Deséxovos que disfrutedes moito do verán, que sexades moi, moi felices e que alcancedes todo o bo que vos propoñades sempre.

 

 Unha forte aperta.

Maita

Valores

 

Educación Artística

Actividades propostas para 3º EP (8 de xuño-12 de xuño)

Bos días, chicas e chicos!

Espero que vos encontredes moi ben.

Envíovos a proposta de tarefas para facer nesta semana, do 8/6/20 ao 12/6/20:

-        LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet)

Fai unha REDACCIÓN ou CONTO sobre o período de confinamento.  Engádelle un debuxo, imaxe, fotografía ou cómic ao final.

-        MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

-        MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

-        XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

-        VENRES: Ciencias Sociais: Déixovos uns vídeos para que repasedes as fases da Lúa e unhas curiosidades sobre ela a súa influencia nas mareas.

 

RETOS:

- Investiga sobre a repercusión que poida ter a Lúa no campo, na plantación e colleitas.

- Pensa en dous produtos-alimentos do campo que che gusten e busca en que época se plantan e cando se recollen. (Podes facer tamén un calendario de plantación con máis produtos).

- Nesta semana, en que fase está a Lúa?  Búscao e observa!

Xa vin moitos dos vosos retos pasados, en xeral ben, pero lembrade que todos os nomes de lugares: provincias, comunidades, países..., os temos que escribir con letra MAIÚSCULA inicial e, se teñen dous nomes, os dous en maiúscula!

Moi ben esas investigacións! Nos vosos concellos hai máis de 5000 habitantes!

Respecto aos países da Unión Europea, son todos os que aparecen coloreados no mapa de axuda que adxuntei (os que están de cor branca, sen colorear, non).

Espero que pasedes unha boa semana.  Ánimo!

Unha aperta.

Maita

Educación Artística

Actividades propostas para 3ºEP (1 de xuño - 5 de xuño )

Bos días, chic@s!

 

Alegreime moito de vervos o outro día, aínda que fora a través da pantalla!

 

Seguide traballando así.  Envíovos a proposta para esta semana (do 1 ao 5 de xuño):

Luns: Lingua (Snappet)

Martes: Matemáticas (Snappet)

Mércores: Lingua (Snappet)

Xoves: Matemáticas (Sanppet)

Venres: Ciencias Naturais. 

Xa vistes que temos un montón de músculos e de ósos e que o óso máis longo chámase fémur e está na perna!  Nesta semana celébrase o Día do Medio Ambiente.  Déixovos cuns vídeos ao respecto para mirar e facer despois estes RETOS:

1-. Sabes a que se refiren "as tres R"?  Escribe todos os exemplos que se che ocorran acerca de como podes aforrar enerxía e auga.

2-. Como podes reciclar, coidar o mar e a natureza?  Pénsao e escríbeo.  Tamén podes debuxalo ou fotografialo.

3- Pensa en algún "por que" relacionado co Medio Ambiente ou as  Ciencias Naturais sobre o que teñas curiosidade por saber; investígao e anota a resposta.

 

Educación Artística

 

 

 

Espero que pasedes unha moi boa semana.

Unha aperta para tod@s.

Maita

PROGRAMACIÓN 3º EP (DO 25/5/20 AO 29/5/20)

Bos días, chicos e chicas!

 

Moi ben polas actividades en Snappet!  E moi orixinais as respostas libres!

 

Proposta de tarefas para facer nesta semana, do 22/5/20 ao 29/5/20:

 

 

LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

 

MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

 

XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

VENRES: Ciencias Sociais: (RETOS)
Educación Artística

Seguro que acertastes cos retos pasados!  O prefixo "hidro" significa "auga" e o noso planeta ten as 3/4 partes cubertas de auga, bastante máis que a metade del!

Nesta semana imos repasar POBOACIÓN e XEOGRAFÍA.

RETOS:

- Lembras que significaban os termos de: natalidade, mortalidade, emigración e inmigración?  Cales deles fan que a poboación dun lugar aumente?  Cales que diminúa?

- Como se chama o teu concello?  Investiga cantos habitantes ten.

- O teu concello está dentro da provincia galega de A Coruña.  Como se chaman as outras provincias de Galicia?

- Galicia é unha comunidade autónoma de España.  Cales son o resto das comunidades autónomas?

- España é un país da Unión Europea (U.E.).  Cales son o resto de países que forman a Unión Europea?  Mapa de axuda

 

 Adiante!

Maita