2º Ciclo

2º Ciclo

   

Día contra o acoso escolar

Ciencias Naturais - Retos

Novos RETOS para facer:

 

Que elementos interveñen na función de relación?

 

Explica un exemplo da función de relación na que interveña o aparello locomotor.

 

Cantos músculos temos aproximadamente no corpo? E ósos? Como se chama o óso máis longo?

 

- Escribe dous exemplos de articulacións móbiles.

 

- De que se ocupa cada hemisferio do cerebro?

 

Adiante!

 

 

FUNCIÓN DE RELACIÓN

 

 

 

APARELLO LOCOMOTOR


O CEREBRO

 

AS FUNCIÓNS VITAIS

 

ESQUEMA DAS FUNCIÓNS VITAIS:

 

CC. SOCIAIS: CAPAS DA TERRA. PAISAXES

Boas!
Nos retos anteriores, seguro que acertastes con que:
Os asteroides están detrás de Marte, Xúpiter ten máis de 60 lúas e que hai gases que van facendo que
vaia aumentando a temperatura do planeta, causantes do efecto invernadoiro, cambio climático.
 
Déixovos a continuación uns novos vídeos, referidos ás capas da Terra e as paisaxes nela.
 
RETOS:
- Que é a xeosfera e en que capas se divide?
- Que significa o prefixo “hidro” (hidrosfera)?
- En que capas se divide a atmosfera e en cal delas se atopa a capa de Ozono?
- Define os seguintes termos:
cabo, golfo, baía, península, arquipélago.
- No mapa de Galicia que tes a continuación, onde cres que estará o cabo Fisterra?
 
Adiante!
 
A Terra e as súas capas

https://www.youtube.com/watch?v=8IUnpPkTGwo


Paisaxes


 https://www.youtube.com/watch?v=LxgKYT8oDTo


A paisaxe de costa

https://www.youtube.com/watch?v=KcbP0NcX2t4


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CIENCIAS NATURAIS: AS FUNCIÓNS VITAIS

FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS:

 

FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

 

DIETA SAUDABLE- roda alimentos

 

 

Boas,

Déixovos uns vídeos para repasar as funcións vitais dos seres vivos e a roda de alimentación.

RETOS:

1.  Cales son as funcións vitais?

2.  En que consisten?

3.  Pensa nun prato equilibrado para unha comida ou cea.  Escríbeo, debúxao ou fotografíao.

Bo proveito!

(Nos retos anteriores: A fotosíntese: precísase dióxido de carbono e luz do sol.  30 persoas para a árbore de Tule.  Polinización: pola auga, aire ou animais.  Pataca: ten reprodución asexual).

 

As plantas

Achégate a coñecer as plantas. O alumnado de 3º e 4º de primaria investigou a orixe destas especies vexetais e agora amosa os seus traballos.

Moitas de estas especies están na nosa contorna ( colexio, casas, campos...) . Anímate a elaborar as túas propias investigacións sobre outras plantas e enviaás o correo do colexio.

 

 

  
 

O Carballo

 

Nome científico :  Quercus robur.

Nome común :  carballo común.

Orixe: A orixe da verba carballo é incerta. O que está claro é que é anterior ao latín. Podería ser de orixe celta pola raíz kar- (pedra), ou máis ben dunha orixe preindoeuropea (galaico).

Características:

-          Cor:  O tronco é marrón ,  follas son verdes-parduzcas e a flor é amarela.

-          Flores: unisexuais, as masculinas en candeas penduradas e amarelas, pequenas, con cálice 5-7 lobado e 5-10 estames

-          Froitos: de tipo noz (landra) oblongo, duns 2 cm de longo, de pericarpo liso, verde-pardo, apiculado, con cúpula endurecida a xeito de carapucho, pouco áspera, denominada cascabullo.

-          Sementes : as landras maduran a finais do verán e caen a principios do outono.

-          Floración : florece na primavera, ao mesmo tempo que agroman as follas (rebentos vermellos)          

v  Localización: É autóctono da Europa atlántica e continental; aparece tamén na Anatolia, no Cáucaso e nalgunhas partes do norte de África. Na Península Ibérica esténdese desde o norte de Portugal ata os Pirineos. En Galicia foi a especie principal durante séculos.

v  Usos: construción de embarcacións, trabes e estruturas das casas (cubertasforxados), travesas do camiño de ferro etc., así como na fabricación de mobles e toneis. Tamén foi e segue a ser o principal combustíbel das lareiras e cociñas galegas. O carballo tamén tivo uso ornamental nos lugares públicos de Galicia (parques, feiras, arboredas). 

v  Coidados:

1.    - O carballo soporta o rigor do inverno, pero coa calor do verán require humidade no chan.

2.    - Ao carballo gústalle unha boa iluminación instalándose en varios substratos, aínda que prefire silíceo.

3.    - Solos profundos e frescos de pH indiferente desde o ácido ao básico.

4.    - O carballo necesita chans húmidos.

5.    - Preferiblemente de humidade media a alta para o carballo.

6.    - Ten unha gran resistencia ao frío e ás xeadas tardías.

 VIOLETA AFRICANA

A violeta africana é unha pequena planta de interior que grazas á súa intensa floración goza de moita popularidade.

 

Nome común: Violeta africana

Nome científico: Saintpaulia

Orixe: Sudáfrica, híbrido

Ubicación: Interior

Luz: de luminoso a moi luminoso, nunca sol directo

Temperatura: Ideal de 17-21ºC ; mínima 5 - 8ºC

Rego: moderado; deixar secar entre regos a capa superior

Fertilizante: cada tres semanas.

 

Descrición

Existen moitas variedades distintas, cada unha delas con flores de cor e matices distintos, pero a tradicional é a de cor morada intensa. A violeta africana posee unha roseta de follas redondeadas e no centro aparecen os racimos repletos de flor. 

A floración xorde indistintamente durante todo o ano. Tras a floración pódanse os talos florais marchitados.

 Podemos multiplicar as violetas africanas realizando esgallos de follas.

 

Coidados

As violetas africanas prefiren entornos moi luminosos, que lles axudan a que a floración sexa continuada ao longo do ano.

Os regos realizaranse sempre desde abaixo, deixándoa nun prato con agua durante unhas poucas horas, e logo retirando o exceso de auga.  O maior inimigo da violeta africana é o exceso de auga que activa un mofo gris que  fai podrecer as follas.

A violeta africana téñoa na miña casa.  Espero que vos guste e que vos animedes tamén a mostrar as vosas plantas!

 

 Magnolia

 

 
 

 

María Rellán