Boas!
Nos retos anteriores, seguro que acertastes con que:
Os asteroides están detrás de Marte, Xúpiter ten máis de 60 lúas e que hai gases que van facendo que
vaia aumentando a temperatura do planeta, causantes do efecto invernadoiro, cambio climático.
Déixovos a continuación uns novos vídeos, referidos ás capas da Terra e as paisaxes nela.
RETOS:
- Que é a xeosfera e en que capas se divide?
- Que significa o prefixo “hidro” (hidrosfera)?
- En que capas se divide a atmosfera e en cal delas se atopa a capa de Ozono?
- Define os seguintes termos:
cabo, golfo, baía, península, arquipélago.
- No mapa de Galicia que tes a continuación, onde cres que estará o cabo Fisterra?
Adiante!
A Terra e as súas capas
https://www.youtube.com/watch?v=8IUnpPkTGwo
Paisaxes
https://www.youtube.com/watch?v=LxgKYT8oDTo
A paisaxe de costa
https://www.youtube.com/watch?v=KcbP0NcX2t4