Consello escolar

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

 

CONVOCATORIA

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se estabelece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria , a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

1. - De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), rescrito conforme o estabelecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral  1pai/nai , dun total de 2 que debe ter o Consello Escolar. O outro representantes de pais corresponde á designación da ANPA, de non producirse designación , sería elixido na votación.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se for o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, até as 13:00 horas do día 21 de novembro.

3.- Son elixíbeis os pais e nais ou, se for o caso, os titores legais, que formularen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas até as 13:00 horas do citado día 21 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 21 de novembro, ás 14:45 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá desde o 21 ao 26 de novembro, ambos os días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 27 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola sinatura de 10 electores.

7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro, de 09:25 ata ás 18:05 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 9:05 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de 1 nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegábel e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se puideren formular.

Buño , 7 de novembro de 2022.

O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL.

 

Eleccións Consello Escolar 2018

Segundo a Resolución do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación,que establece a celebración de eleccións de membros do consello escolar no mes de novembro de 2018, desde a dirección do centro queremos informar a todas as familias do calendario do proceso a realizar e animarvos a participar, tanto exercendo o voso dereito a voto , como presentando as vosas candidaturas ao posto de representante do pais no consello escolar.

A composición do consello escolar do noso centro educativo está integrada polos seguintes membros:

  • O director , o representante do Concello de Malpica de Bergantiños,dous representantes dos profesores e dous  representantes dos pais/nais.

No proceso electoral elixiranse un representante dos pais/nais.

Os pais que desexen presentar a súa candidatura deben facelo na secretaría do centro , onde se rexistrará a súa solicitude e notificará á Xunta Electoral, antes do 13 de novembro.

CALENDARIO DO PROCESO ELECTORAL

  • 29 de outubro: Sorteo público dos representantes dos profesores (1) e pais (1) na Xunta Electoral.
  • 6 de novembro: Publicación do censo electoral integrado polos pais, nais ou titores legais.
  • 19 de novembro: Fin do prazo para presentación de candidaturas aos postos do consello escolar. Sorteo público dos pais (4) que formarán parte da mesa electoral entre os pais que non sexan candidatos.
  • 26 de novembro: Día de votacións. A mesa de votacións estará aberta durante a xornada lectiva para que todos os pais poidan exercer o dereito a voto. O voto é directo , secreto e indelegable e debe acreditarse a identidade do votante.

Na secretaria do centro e nesta páxina web teredes á vosa disposición toda a documentación e información do proceso electoral.

Con data 3 de decembro, reunida a Xunta electoral do centro , oficialízanse os resultados obtidos nas votacións do sector de pais e nais , e no sector do profesorado , designando os novos representantes no Consello Escolar do centro.

 

CONVOCATORIA ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES

DE NAIS,PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

RELACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR

PAIS E NAIS DE ALUMNOS

 

   

Eleccións Consello Escolar 2016

Segundo a Resolución do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación,que establece a celebración de eleccións de membros do consello escolar no mes de novembro de 2016, desde a dirección do centro queremos informar a todas as familias do calendario do proceso a realizar e animarvos a participar, tanto exercendo o voso dereito a voto , como presentando as vosas candidaturas ao posto de representante do pais no consello escolar.

A composición do consello escolar do noso centro educativo está integrada polos seguintes membros:

  • O director, secretario ( con voz e sen voto) , o representante do Concello de Malpica de Bergantiños, tres representantes dos profesores e tres representantes dos pais.

No proceso electoral elixiranse dous representantes do profesorado e un representante dos pais.

Os pais que desexen presentar a súa candidatura deben facelo na secretaría do centro , onde se rexistrará a súa solicitude e notificará á Xunta Electoral, antes do 13 de novembro.

CALENDARIO DO PROCESO ELECTORAL

  • 27 de outubro: Sorteo público dos representantes dos profesores (1) e pais (1) na Xunta Electoral.
  • 7 de novembro: Publicación do censo electoral integrado polos pais, nais ou titores legais.
  • 14 de novembro: Fin do prazo para presentación de candidaturas aos postos do consello escolar. Sorteo público dos pais (4) que formarán parte da mesa electoral entre os pais que non sexan candidatos.
  • 28 de novembro: Día de votacións. A mesa de votacións estará aberta durante a xornada lectiva para que todos os pais poidan exercer o dereito a voto. O voto é directo , secreto e indelegable e debe acreditarse a identidade do votante.

Na secretaria do centro e nesta páxina web teredes á vosa disposición toda a documentación e información do proceso electoral.

Con data 29 de novembro, reunida a Xunta electoral do centro , oficialízanse os resultados obtidos nas votacións do sector de pais e nais , e no sector do profesorado , designando os novos representantes no Consello Escolar do centro.

 

 

 

 

Eleccións Consello Escolar 2012

 ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2012

De conformidade co establecido na Resolución do 7 de setembro de 2012 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ( DOG do 20 ) , realizarase proximamente neste Centro Educativo a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da XUNTA ELECTORAL que se constituira a tal efecto, integrada por:

  • A directora do Centro Educativo.

  • Un profesor ou profesora.

  • Un pai, nai ou titor legal.

Os dous últimos membros serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo celebrase no Centro educativo o día 30 de outubro, ás 12:00 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que a Xunta Electoral do Centro irá facendo públicas.

Desde a dirección do Centro animamos a toda a comunidade educativa a participar  neste proceso electoral .

Teredes toda a información e documentación necesarias na secretaría do centro e nesta páxina web.

Acta elección membros da mesa electoral 

 

Convocatoria

 

 

Circular informativa elección representantes pais/nais de alumnos e

relación de candidaturas

   

Eleccións ao Consello Escolar

 Eleccións ao Consello Escolar 2010

 

  De conformidade co establecido na Resolución do 6 de setembro de 2010 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ( DOG do 24 ) , realizarase proximamente neste Centro Educativo a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da XUNTA ELECTORAL que se constituira a tal efecto, integrada por:

  • A directora do Centro Educativo.

  • Un profesor ou profesora.

  • Un pai, nai ou titor legal.

  • Un representante do persoal de servizos.

Os tres últimos membros serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo celebrase no Centro educativo o día 29 de outubro, ás 13:00 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que a Xunta Electoral do Centro irá facendo públicas.

Desde a dirección do Centro animamos a toda a comunidade educativa a participar  neste proceso electoral .

Teredes toda a información e documentación necesarias na secretaría do centro e nesta páxina web.

 

 

 

Acta sorteo Xunta Electoral      Candidatos do sector pais        Representantes electos