Skip to main content

Educación Infantil

Contacontos " Quen dixo medo ! "

 

"QUEN DIXO MEDO?" é unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero levada a  cabo pola Deputación da Coruña.A actividade realizada cos alumnos de 6º de EI consistiu nun contacontos e un obradoiro de manualidades co que traballar os seguintes obxectivos:

  • Establecer relacións equilibradas, solidarias e construtivas.
  • Apreciar a importancia dos valores básico que rexen a vida e a convivencia e actuar conforme a eles.
  • Ensinar os máis cativos/as a desenvolver conductas e habilidades que lles permitan vivir libres de violencia.
  • Aprender a expresar as emocións de maneira axeitada evitando os insultos, agresións e gritos

Para o desenvolvemento da presente actividade de sensibilización levarase a cabo a lectura do conto “QUÉROTE CASE SEMPRE” da autora Anna Llenas. Este álbum ilustrado, narra a historia de amor entre Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e se adaptan para convivir en harmonía.

Tomando como fío condutor a lectura do conto, abordanse diversas cuestións para axudar os mais cativos/ as  a afianzar conceptos  básicos para a súa vida cotiá e para a correcta construción da súa identidade. Aprenderán dunha forma sinxela e motivadora, ao tempo que se favorecen dinámicas como o traballo en grupo, a colaboración, o diálogo...

Para concluír a actividade, cada alumno/a, elaborará un monicreque empregando diversos materiais e artes plásticas. 

 

 

         

 

Facendo unha tarta.

 

 

Obradoiros

 

Obradoiros realizados coa colaboración das nais dos alumnos o longo do mes de marzo.

 

Cine no colexio

Seguimos a coñecer os distintos usos que lle damos o millo.

Hoxe descubrimos o ben que sabe acompañando a unha película.

Na biblioteca probamos os flocos de millo mentras recreábamos unha tarde de cine.

 

O NOSO CORPO

Os nenos e nenas da clase de tres anos de infantil estiveron a traballar o corpo humano, pdedes ver o ben que o pasaron no seguinte vídeo:

 

 

 

Cocorico na aula de tres anos.

Obradoiro de Samaín