Actividades
Facebook da ANPA
Enviado por admin o Mér, 23/10/2019 - 20:45
Toda a información das actividades da ANPA Xaviña no facebook da asociación.
Charla sobre os riscos en internet.
Enviado por admin o Mar, 22/03/2011 - 11:16
Na última década, os nenos/as, desenvólvense dunha maneira moi hábil no uso dos ordenadores. Internet é unha excelente ferramenta de comunicación, pode ser un lugar axeitado para que nenos/as e xoves aprendan, investiguen, busquen información ou se comuniquen con familiares e amigos. Nembargante, ao igual que no mundo real, a web pode ser perigosa. Son diversos os riscos aos que se expoñen nenos/as e adolescentes ao navegar libremente na web. Por iso antes de permitir que os menores se conecten á rede é necesario establecer regras, as nais e pais poden protexer aos seus fillos se se involucran nas súas actividades e se coñecen os riscos relacionados co uso de internet.Para axudarvos nesta tarefa, tal e como nos informaron na reunión celebrada o pasado 23 de marzo,e facilitarvos unhas pautas de detección e reacción sobre os posibles problemas que poden xurdir polo uso da internet deixámosvos os seguintes enlaces e documentos de interese: |
Actividades comedor
Enviado por admin o Xov, 29/10/2009 - 00:22
Estas son algunhas das actividades realizadas polos nenos que veñen ao comedor.
Actividades verán 2009
Enviado por admin o Mér, 19/08/2009 - 12:22
Aquí podedes ver unhas fotos das actividades que , organizadas pola ANPA deste centro, se realizaron ao longo deste verán.