Para pais/nais

Benvid@s á sección do Departamento de Orientación

Nesta sección, poderedes atopar información diferente que vos pode axudar a educar e entender aos vosos fill@s. Ademais, tamén estarán a vosa disposición algúns documentos para poder solicitar axuda ao Departamento de Orientación.

Benvid@s á sección do Departamento de Orientación

Charla sobre os riscos en internet.

Na última década, os nenos/as, desenvólvense dunha maneira moi hábil no uso dos ordenadores. Internet é unha excelente ferramenta de comunicación, pode ser un lugar axeitado para que nenos/as e xoves aprendan, investiguen, busquen información ou se comuniquen con familiares e amigos. Nembargante, ao igual que no mundo real, a web pode ser perigosa. Son diversos os riscos aos que se expoñen nenos/as e adolescentes ao navegar libremente na web. Por iso antes de permitir que os menores se conecten á rede é necesario establecer regras, as nais e pais poden protexer aos seus fillos se se involucran nas súas actividades e se coñecen os riscos relacionados co uso de internet.

Para axudarvos nesta tarefa, tal e como nos informaron na reunión celebrada o pasado 23 de marzo,e facilitarvos unhas pautas de detección e reacción sobre os posibles problemas que poden xurdir polo uso da internet deixámosvos os seguintes enlaces e documentos de interese:

 

Formación TIC para nais e pais con fillos de 3 a 11 anos

Actualmente, o aceso a información e a tecnoloxía é imprescindible na nosa vida cotiá e mais para os nosos fillos e fillas. Ainda que estas novas tecnoloxías convértense nun medio de igualdade de oportunidades para todas as persoas, non hai que esquecer que son toda unha revolución na que os rapaces están inmersos. Para que non vos perdades nesta nova revolución, aquí tedes un bo recurso (clicade no debuxo):

  

Entrena o teu cerebro!

Entrena o teu cerebro!!. Invítovos a ver este video sobre a plasticidade do cerebro segundo as últimas investigacións realizadas. Abre a porta a transformación da visión que temos sobre a aprendizaxe dos nosos fill@s  e a nosa propia.

A agresividade infantil

Unha das razóns que mais preocupan ás nais e pais e, polas que solicitan consulta e axuda, é a agresividade infantil. A aprendizaxe da agresividade e do comportamento violento pode darse por diversas razóns:

1.- Por imitación. Segundo diversas teorías, cando un nen@  teñe ou está exposto a modelos agresivos, o rapaz/a tende a imitar os comportamentos agresivos que observa. Esta opinión esta apoiada por diversos estudos que amosan que hai maior número de agresións despois de estar exposto a modelos agresivos.

2.- O reforzo. Este ten un papel moi importante na expresión da agresión, xa que se hai un reforzo despois de producirse un acto agresivo é moi probable que este se repita. Por exemplo, se un nen@ descobre que pode pórse de primeiro na fila, mediante un empurrón, é moi probable que siga empurrando para acadar sempre ser o primeiro.

3.-A conduta agresiva varía dependendo do ambente social, dos obxectivos e do papel desempeñado polo nen@.

4.-Os factores cognitivos desempeñan tamén un papel importante na adquisición e mantemento da conduta agresiva. Estes factores cognitivos poden axudar ao neno a autorregularse e controlarse. Por exemplo, pode anticipar as consecuencias da agresión e buscar alternativas á conduta agresiva ante a situación problemática; pode reinterpretar a conduta ou as intencións dos demais; pode aprender a observar, lembrar ou ensaiar mentalmente o modo en que outras persoas enfróntanse ás situacións difíciles...

Para ilustrar estas liñas, eiquí tedes  "o decálogo para formar delicuentes" para pais e nais:

 

A economía de fichas: un modo de cambiar conductas inaxeitadas

No blogue "En la escuela caben todos" escriben sobre a "economía de fichas". Case todo o mundo xa oiu falar deste sistema gracias ao programa de TV "Supernanny" pero necesitan unha serie de explicacións para levalo adiante con certas garantías de éxito.

A economía de fichas é un sistema de reforzo positivo para cambiar a conduta dos nen@s. En moitas ocasións, recoméndoo ás nais e pais e ao profesorado, tendo unha alta porcentaxe de éxito cos pequenos.

Se queres visitar a páxina "En la escuela caben todos" clica na imaxe:

Os primeiros días na escola

Estes primeiros días na escola poden converterse nun verdadeiro caos para as nais e pais e, como non, para os nenos e nenas. Para poder evitar situacións desagradables, ímosvos dar unha serie de consellos que vos poden servir de axuda:

-Falarlle da escola de forma positiva. Transmitíllede seguridade e confianza.

-Non  o/a asustedes nin ameacedes co cole ou co mestre/a.

-Evitade amosar o voso estado de ansiedade, nerviosismo pola entrada na escola.

-Mantede un ambente tranquilo na casa. É normal que os nenos expresen medo e ansiedade por ir ao colexio. Falade cos nenos/as sobre ir ao colexio e sobre o que farán alí. Se tedes fillos, nenos de amigos ou sobriños máis grandes, pedídelles que lles conten algunhas das súas experiencias. Tratade de que estas conversacións sexan informais para que o neno/a non se sinta intimidado ou abrumado.

-Se o neno/a queda chorando, o convinte é deixalo alí, porque co tempo el/a se irá adaptando e comprenderá que esa é a súa misión. Ademais, é unha resposta á ansiedade que está a manexar e canto máis cedo se acostume, menos traumático.

-As nais e pais debedes recibilos con abrazos e bicos. Ademais, debedes preguntar sobre o que fixeron, os amigos que conseguiu...