O 5 de maio celebramos o "Día da EF na rúa" realizando xuntos actividades deportivas no exterior do centro.
PROPOSTA DESDE A ÁREA EDUCACIÓN FÍSICA:
Gustaríame proporvos un reto motor. É o seguinte:
- Seredes capaces de deseñar un xogo motor con diferentes probas e puntuacións?
- Podedes adaptar un xogo de mesa e transformalo nun xogo motor?
Escollede unha das dúas opcións, implicade ao resto da familia e ... SUMADE SAÚDE ENTRE TODOS!!!
A continuación, déixovos un exemplo dun xogo que fago na miña casa? Espero que vos guste!!!
Obxectivo do xogo: conseguir 20 puntos entre toda a familia. Colle un dado e lánzao (tirando por quendas de 1 en 1). Realiza a tarefa dese número.
1. Toques con papel hixiénico ou con pelota (establecer número de toques, por exemplo 3). Pódense facer coa man, co pé, con raquetas (se dispomos delas)..................................................................... 1 punto.
2. Deseña un baile de 30 segundos e realízao diante da familia (podes escoller a túa canción favorita) ............................................. 2 puntos.
3. Lanzamentos de precisión (encestar o papel hixiénico, pelotas ou calquera material nunha papeleira ou cubo colocado a certa distancia e conseguir tantas canastras como se mande. Outro exemplo sería lanzar o papel hixiénico e derrubar botellas ou latas,?)................... 3 puntos.
4. Exercicios de tonificación: ferros, saltos, sentadillas,...establecendo primeiramente o número de repeticións (por exemplo: facer 5 sentadillas)?........................................................................... 4 puntos.
5. Facer un circuito de actividades motrices (pode ser con saltos, equilibrios, desprazamentos, volteretas cara adiante no sofá,...)........... 5 puntos.
6. Se no dado sae o número 6 ...................................... réstanse 2 puntos.
Cada familia poderá adaptar as probas ou retos en función das súas características: idades, integrantes, nivel de destreza,... o caso é que toda a familia realice actividade física diariamente e afástese das pantallas durante un tempo.
Cando volvamos ás clases, poderedes traer as vosas propostas e tentaremos polas en práctica ou comentalas entre todos. As propostas máis interesantes poderán optar a un premio ou recompensa (que escolleremos entre todos antes de seleccionar aos premiados. Un exemplo do premio pode ser: seleccionar as actividades ou xogos da seguinte sesión de E.F, gozar dunha sesión de xogo libre, escoller o deporte que traballaremos en próximas sesións,...)
Sorprendédeme coa vosa creatividade!!
Un saúdo,
Pablo.
ACTIVIDADES PARA TODOS |
|
En forma cos Vengadores
|
|
En forma con Super Mario
|
|
|
Calendario mensual para estar en forma.
Clicka na actividade do día para acceder a un titorial explicativo do exercicio proposto.
|
EXERCICIOS PARA TODOS OS DÍAS |
|
|
|
|
|
|
|
TAREFAS DE MOVEMENTO |
|
OPCIÓN A |
OPCIÓN B |
|
|
|
|
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |