LETRAS GALEGAS 2011
|
||
Estamos a organizar unha “fiadeira” que ten como obxectivo a cooperación entre alumado, centro e familias. Sería moi interesante, dado que a transmisión de cultura é facilitada polos maiores, que estes poideran achegarnos o seu saber vindo a cantar coas súas netas e netos aquelas cantigas que coñece de toda a vida para que sigan perdurando. Se algunha persoa, se anima a preparar unha pequena canción, soa ou acompañada, para o centro e para os nenos, sería un verdadeiro pracer. (se queredes podedes traer algún instrumento de acompañamento: pandeireta, cunchas, pandeiro…) Non fai falta máis que ter ganas de cantar para improvisar xuntos!
O acto terá lugar o venres 13 de maio a partires das 12 da mañá.
Atentamente, un saúdo. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
|
||