Bos días, chic@s!
Parabéns polas tarefas!
Nesta semana (27/4/20 - 3/5/20) envíovos a nova proposta:
-
LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet).
-
MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).
-
MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).
-
XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).
-
VENRES: (Festivo).
A semana pasada, como sabedes, celebrouse o 23 de abril o Día Internacional do Libro. Dentro do blogue da biblioteca (nesta páxina web abaixo á esquerda), tedes unha explicación de por que se decidiu escoller ese día como celebración.
Animádevos tamén a participar nas propostas de recomendacións de libros e recordade seguir lendo moito!
Tamén, durante este confinamento, tivo lugar o Día Mundial da Poesía (o 21 de marzo).
Lembrades as poesías que vos propoñía facer durante a primeira quincena deste período (do 16 de marzo ao 30 de marzo). Podedes envialas ao correo do colexio, se as queredes compartir.
Feliz semana !