Actividades propostas para 3º EP (8 de xuño-12 de xuño)

Bos días, chicas e chicos!

Espero que vos encontredes moi ben.

Envíovos a proposta de tarefas para facer nesta semana, do 8/6/20 ao 12/6/20:

-        LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet)

Fai unha REDACCIÓN ou CONTO sobre o período de confinamento.  Engádelle un debuxo, imaxe, fotografía ou cómic ao final.

-        MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

-        MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

-        XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

-        VENRES: Ciencias Sociais: Déixovos uns vídeos para que repasedes as fases da Lúa e unhas curiosidades sobre ela a súa influencia nas mareas.

 

RETOS:

- Investiga sobre a repercusión que poida ter a Lúa no campo, na plantación e colleitas.

- Pensa en dous produtos-alimentos do campo que che gusten e busca en que época se plantan e cando se recollen. (Podes facer tamén un calendario de plantación con máis produtos).

- Nesta semana, en que fase está a Lúa?  Búscao e observa!

Xa vin moitos dos vosos retos pasados, en xeral ben, pero lembrade que todos os nomes de lugares: provincias, comunidades, países..., os temos que escribir con letra MAIÚSCULA inicial e, se teñen dous nomes, os dous en maiúscula!

Moi ben esas investigacións! Nos vosos concellos hai máis de 5000 habitantes!

Respecto aos países da Unión Europea, son todos os que aparecen coloreados no mapa de axuda que adxuntei (os que están de cor branca, sen colorear, non).

Espero que pasedes unha boa semana.  Ánimo!

Unha aperta.

Maita

Educación Artística