Skip to Content

Plan de Convivencia

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

DATAS DAS CHARLAS FORMATIVAS: 24  e 25 de maio

DIRIXIDAS A: Alumnado de 5º e 6º

                        Profesorado do centro

TEMÁTICAAcoso escolar e ciberacoso.

COIDEMOS O NOSO COLEXIO

Estimadas familias:

Xuntamos un díptico acerca do coidado do centro coa finalidade de recordar a súa historia, valorar os logros acadados ao longo de todos estes anos e a necesidade de transmitir aos novos membros da comunidade educativa a importancia de traballar xuntos cara á súa mellora.

Tamén aproveitar a ocasión para educar aos alumnos e ás alumnas na obriga cívica que teñen de coidar, respectar e valorar os bens comúns que comparten.

Nas titorías faranse traballos específicos acerca do tema. Podedes ver no arquivo adxunto a unidade didáctica.

Haberá unha exposición na entrada do centro que se publicará na páxina web.

Agradeceríamos que deixen ideas e propostas de mellora na caixa de suxestións instalada na planta baixa.

Traballemos xuntos por unha boa formación para todo o alumnado co centro.

Premede na imaxe para ver o díptico.

                                                           COIDEMOS O NOSO COLEXIO

 

Plan

No arquivo adxunto atoparedes o Plan de Convivencia do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut