Skip to Content

TICs

NAVEGA CON RUMBO

O "Plan Navega con Rumbo" é unha das iniciativas que se están a promover desde a Xunta de Galicia dentro do Proxecto Abalar.

O obxectivo é que as rapazas máis novas e os rapaces máis novos tomen conciencia dos beneficios e riscos que supón a navegación polo ciberespazo en toda a súa extensión, tanto a través das páxinas web como tamén das redes sociais, das que cada vez son usuarios máis asiduos.

O alumnado de 5º de primaria recibiu hoxe unha charla sobre este tema; charla impartida por membros do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

                                                                                                   NAVEGA CON RUMBO

 

ARTEIXO INNOVACIÓN

Os días 17, 18 e 19 de xaneiro vai ter lugar en Arteixo o "II Encontro de experiencias - Arteixo Innovación - EducaTIC" no que participará o noso centro. Podedes acceder á información sobre as xornadas premendo na imaxe.

                                                                                                              ARTEIXO INNOVACIÓN

LIP DUB do Galán

 

Clica aquí para ver o LIP DUB do Galán

CHEGADA DUN NOVO KIT DE ENCERADO DIXITAL

 

 

Coa chegada do kit Abalar a Galán xa temos aos dous especialistas de Inglés equipados con cadanseus kits de encerados dixitais.

O encerado dixital interactivo é un potente recurso que ofrece multitude de posibilidades de aproveitamento didáctico para o ensino de linguas extranxeiras


 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut