Skip to Content

Orientando

COORDINACIÓN IES DE PASTORIZA

Para facilitar a transición do alumnado de 6º de Educación Primaria ao IES de Pastoriza, dende o centro, e, en coordinación co instituto, lévanse a cabo as seguintes actividades:

- Reunión entre as xefaturas dos respectivos departamentos de orientación.

- Visita ao IES de Pastoriza polo alumnado de 6º. Data 22 de maio de 10:40 a 11:30.

- Reunión coas familias no CEIP de Galán. Data 27 de maio ás 16:45.

 

XOGOS DE RECREO PARA TEMPOS DA COVID

 

A Comisión de Convivencia do CEIP de Galán recompilou algúns xogos para o tempo de recreo do alumnado.

"Cambridge English"

Na seguinte páxina tedes acceso a consellos e actividades gratuitas para os/as máis pequenos/as.

                          

Let's clan!

A TVE lanzou o ano pasado "Let's Clan" para fomentar a aprendizaxe do inglés. Para saber mais sobre o proxecto premede na seguinte ligazón:

http://www.rtve.es/television/lets-clan/

Learning English Kids - British Council

No apartado de "Ligazóns interesantes", dentro da categoría de Linguas Estranxeiras,  aparece a páxina do British Council dirixida a nenos e nenas que aprenden inglés como lingua estranxeira. Nela podedes atopar tamén orientacións para as familias á hora de axudar aos/ás  máis pequenos/as; incluso hai algúns documentos en pdf traducidos ao español. 

A páxina para os/as nenos/as en español é a seguinte:

http://learnenglishkids.britishcouncil.org/es/

Dentro do apartado dirixido ás familias hai unha sección nomeada "Axudando aos teus fillos" na que diferentes expertos dan consellos relacionados coa aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Dous destes artigos están en español en pdf na parte final da páxina. Os artigos son os seguintes:

Apartado dirixido ás familias:

http://learnenglishkids.britishcouncil.org/es/parents

Sección "Axudando aos teus fillos/as":

http://learnenglishkids.britishcouncil.org/es/parents/helping-your-child

Adxunto os arquivos en pdf igualmente por se xurde algún problema coa páxina.

"A idade de ouro dos subtítulos"

(Información sacada do artigo "La edad de oro del subtitulado" do diario El País)

A continuación podedes ler algúns datos importantes mencionados no artigo. Sen embargo é recomendable lelo todo.

O artigo menciona que o 82% dos adolescentes suecos utiliza o inglés con autonomía frente ao 26% dos españois. Sen embargo, en España o alumnado: entra en contacto coa lingua estranxeira tres anos antes na escola; recibe 50 minutos máis de clase á semana; e leva a cabo o dobre de deberes. Ademáis, o número de nenos e nenas que reforza a aprendizaxe do inglés con actividades extraescolares é maior aquí.

De acordo co Estudo Europeo da Competencia Lingüística a razón é clara: os suecos desenvolven máis a capacidade auditiva porque están expostos ao inglés dende unha idade temperá. Ven a televisión e escoitan música en inglés e se familiarizan co idioma por conversas no seu entorno.

En España son cada vez máis as familias que optan por acostumar aos fillos e fillas a ver os debuxos animados en versión orixinal subtitulada.

Podedes ler o artigo aquí.

OXFORD MAGAZINE - Consellos para nais e pais

 

Como xa sabedes, a editorial que utilizamos na área de inglés é Oxford. Dita editorial ten diversos recursos en línea e concretamente na publicación Oxford Magazine hai un apartado dirixido aos maiores da familia.

Deixamos aquí a ligazón: 

http://www.oxfordmagazine.es/category/consejos-para-padres/

"Suspenso en inglés"

 

(Información sacada do artigo "Suspenso en inglés" do xornal El País).

 

Comparto con vos este interesante artigo acerca da aprendizaxe das linguas estranxeiras. Enumero a continuación algúns datos mencionados en dito escrito pero é aconsellable lelo todo. 

Segundo o artigo 88% dos europeos cree que falar idiomas é moi útil e que este feito será práctico para o futuro dos seus fillos. Sen embargo só o 42% dos adolescentes de 14 países europeos teñen competencia suficiente nunha lingua estranxeira e o 25% en dúas. Os españois teñen aínda máis dificultades. Só un 27% dos estudantes do último curso da ESO manexa o inglés e esta porcentaxe se reduce aínda máis se nos referimos ás destrezas orais.

De acordo co estudo, do cal se fala no artigo, son varios os factores que repercuten no baixo nivel do alumnado. Resumimos aquí algúns:

  • O pouco dominio do inglés que teñen os pais e as nais.
  • O feito de que o español sexa unha lingua dunha enorme potencia internacional.
  • O contexto socioeconómico e cultural.
  • Uso dunha metodoloxía cun enfoque tradicional nas escolas. A raíz disto, o profesor da Universidade da Laguna, Plácido Bazo, afirma que a escola debe artellar "contextos de aprendizaxe no contexto familiar e comunitario".
  • Falta de competencia lingüística do propio profesorado.
  • O elevado número de alumnos e alumnas por aula, que afecta sobre todo ó desenvolvemento das destrezas orais.

A continuación cito as palabras de Esther Martínez e Alfonso Lorenzo da Universidade de Santiago de Compostela: "Quen non comprende ou comprende pouco, non fala ou fala moi pouco. A crenza extendida de que os idiomas se aprenden na escola ou en centros especializados grazas a unha boa disciplina de estudo non ten unha correspondenza empírica suficiente." Eles suxiren que se aumente o contacto co inglés a través dos medios de comunicación.

Podedes ler o artigo na súa totalidade aquí.


 


Selección de canles de Youtube

Escoitar música na rede

 

Xa falamos anteriormente da importancia de escoitar música en inglés. É unha actividade que axuda de forma notable a mellorar a destreza de comprensión oral ademáis de ser un gran aliado á hora de pronunciar. Os beneficios son máis evidentes a longo prazo.

Na rede existen diversas modalidades para escoitar música sen necesidade de descarga, das cales queremos resaltar dúas: Spotify e Grooveshark. Ambas teñen formas de suscripción gratuita ou de pago. A gratuita implica presencia de publicidade e menos aplicacións pero a oferta de música é a mesma. Spotify precisa descargar o programa mentres Grooveshark é unha aplicación que permite escoitar música directamente dende a súa páxina Web.

Nas dúas atoparedes música para todo tipo de oíntes, pequenos e maiores. Só tedes que facer un click e descubrir as posibilidades que ofrecen ditas aplicacións.


 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut