Skip to Content

Comedor escolar

DÍA DA ENFERMIDADE CELÍACA. INFORMACIÓN COMEDOR ( JARDANAY)

Este xoves 16 de maio celébrase o Día da Enfermidade Celíaca e desde Jardanay axudan a dar visibilidade a esta patoloxía cambiando o menú xeral a un sen glute e ralizando actividades sobre a celiaquía co alumnado do comedor.

O menú queda da seguinte forma:

  • Primeiro prato: crema de verduras
  • Segundo prato: codillo ao forno con arroz
  • Sobremesa: froita de tempada ( pera)

MENÚ TERCEIRO TRIMESTRE

COMEDOR: CAMBIO NO MENÚ DO DÍA 1 DE MARZO

Hoxe, venres 1 de marzo, servirase o plato “crema campera” en substitución do caldo galego, posto que xa se serviu o venres pasado co motivo do aniversario de Rosalía de Castro.

CAMBIO NO MENÚ DE COMEDOR DO DÍA 23 DE FEBREIRO

O vindeiro 23 de febreiro en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, a cal volve a poñer en marcha este 2024, co aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar ” na que explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

Por iso, mandarán de primeiro prato a todos os usuarios e usuarias do comedor un caldo galego.

Ademais daráselles un mantel desbotable onde se explica toda a iniciativa.

O segundo prato e sobremesa manteñense como estaba previsto no menú de febreiro.

Ligazón á páxina da Fundación Rosalía de Castro

 

MENÚ 2º TRIMESTRE

RESOLUCIÓN MODIFICACIÓN CONTRATO COMEDOR. INCREMENTO DE PRAZAS

Aviso: Modelo de Autodeclaración. Anexo II. Presentación en horario de Secretaría, de xeito presencial, por organización dos trámites pertinentes.

Comunicación da Resolución:

A día 1 de decembro resólvese a modificación de prazas do CEIP de Galán, cun incremento de 49 prazas que se adxudicarán por orde da lista definitiva de reservas de alumnado.

Avaliaranse e baremaranse as solicitudes de fóra de prazo.

Aclaración: Acceso ao servizo por parte do alumnado escolarizado en centros que non lle corresponda por zona de influencia. ( Instrución )

O alumnado escolarizado en centro distinto ao que lle corresponda segundo a distribución das áreas de influencia establecidas polos titulares das Xefaturas Territoriais da Consellería, como consecuencia de decisións de índole familiar ou persoal, non terá dereito ao comedor escolar.
Porén, terán dereito ao servizo as irmás e irmáns do alumnado xa escolarizado con carácter forzoso no centro.
Excepcionalmente, sempre que existan no comedor escolar prazas libres dotadas
economicamente e as condicións existentes de instalacións, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería poderá autorizar para cada curso escolar a incorporación de alumnos escolarizados fóra de área.
As citadas autorizacións concederanse en precario e serán revogables se cambian as circunstancias que as xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado cun dereito preferente.

Segundo establece a disposición adicional primeira do Decreto 132/2013, estes autorizados excepcionais, con independencia das súas circunstancias persoais e de renda familiar, terán que aboar, en concepto de prezo público a cantidade de 4,50 € por día de servizo.

VISITA DA CONCELLEIRA E DA ANPA AO COMEDOR DO CENTRO

O venres 20 de outubro de 2023, Inés Ramos, concelleira de educación do Concello de Arteixo e a presidenta da ANPA, Paula Corral visitaron o comedor escolar do centro convidadas pola dirección do centro, Mª Concepción Sánchez e Silvia Vázquez, docente encargada do servizo, en mostra de agradecemento pola reforma de ampliación do espazo polo Concello de Arteixo e pola colaboración da ANPA cedendo o seu local , así como da dotación dun frigorífico, dous microondas e un lavalouzas para o comedor.

A visita levouse a cabo iniciando a primeira quenda do servizo.

 

 

 

MENÚ COMEDOR 1º TRIMESTRE

MENÚ SETEMBRO 2023

NOVAS: SERVIZO DE COMEDOR

 

Ante o inicio do servizo de comedor, cómpre ter moi en conta, según a Instrución 3/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o que a continuación se detalla:

1. Os usuarios ou usuarias deberán comunicar obrigatoriamente ao centro os días nos que non vaian facer uso do comedor cunha antelación mínima das 9.45 h de cada día se queren que eses días nos sexan tidos en consideración nos pagamentos.  

Enviar ao correo ceip.galan@edu.xunta.gal

2. Os usuarios ou usuarias do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, serán suspendidos ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días

3. Os usuarios ou usuarias do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas  ante a dirección do centro educativo.

4. Os incumprimentos no pagamento dos prezos de cada mes impedirán a utilización ao mes seguinte do comedor escolar, mentres non se proceda á oportuna regularización dos pagamentos, para a cal contarase cun prazo máximo de 2 meses. ( Alumnado que ten que aboar o servizo).

Outros aspectos:

- Empresa: Jardanay

- Os menús serán enviados trimestralmente desde o centro.

- As familias recolleredes aos vosos fillos e fillas no hall da entrada todos os días.

- A saída será ás 15.20 e 15.50 horas, rógase puntualidade nestes horarios por organización do servizo.

- Dos pagos do servizo de comedor informarase en breve.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut