You are hereA. C. E.

A. C. E.


Actividades Complementarias e Extraescolares

Banda de gaitas de Chantada sticky icon

 

O día 30 de setembro acudiron ao centro para unha actividade a banda de gaitas de Chantada. Durante a actividade presentáronnos os instrumentos musicais e tocaron distintas pezas coñecidas.

 

Grazas polo concerto!!

 

Actividade da man de KINETIKO sticky icon

 

O día 28 de setembro, o alumnado de 6º de Primaria, desprazámonos ata a casa da cultura para poder visualizar unha exposición sobre a reutilización dos materiais e a creación doutros obxectos. Botádelle unha ollada á noticia!

 

https://www.lavozdegalicia.es/video/lugo/2021/04/29/xirapaus-kinetico/0031_202104K8khUKC3.htm

 

DÍA DA PAZ 2022 sticky icon

 

O día 28 de xaneiro tivemos a sorte de contar no noso centro cun contacontos moi especial. Os alumnos/as do IES Val do Asma (moitos antigos alumnos/as) viñeron contarnos historias ó alumnado de Infantil, 1º e 2º curso de Primaria. Moitas grazas por vir!

 

 

 

Ademais, o día 31 de xaneiro, no patio do colexio fixemos unha peregrinaxe ata Santiago, facendo as etapas do Camiño. Cada curso do centro representou nunha cartolina a maneira de axudarse no Camiño.

 

 

 

Por último, realizamos distintas manualidades cos símbolos da paz.

 

 

 

 

Samaín no cole sticky icon

Un ano máis chegou o Samaín/Halloween ó noso centro. Este ano a celebración segue sendo un pouco limitada, pola situación que vivimos, pero non quixemos deixar de festexalo.

As actividades que realizamos, son as que podedes ver a continuación. Todas as actividades teñen que ver co Camiño de Inverno que pasa por Chantada para rematar en Santiago.

  • Samaín nas familias. As familias buscaron lendas terroríficas da contorna, relacionadas con lugares por onde pasa o Camiño de Inverno a Santiago.

  • Lendas terroríficas do Camiño de Inverno.

 Cada curso traballou unha lenda de lugares por onde pasa o Camiño de Inverno.

Infantil e 1º curso de Primaria: “A cabaza do peregrino”

O conto de “Corre, correcabaciña” e manualidade.

2ºA Primaria: “A moura do Castro – Aira da Vila”

2ºB Primaria: “A lenda das lavandeiras”

3º Primaria: “Lenda da ponte do demonio”

4º Primaria: “A dama do castro de Gundivós”

6ºA Primaria: “Lenda da lagoa da serpe”

Inglés: “Lenda as xacias”

  • Manualidade: Decoramos as nosas máscaras.
  • Cantamos. Todo o centro, cantamos e bailamos unha canción para esta celebración, chamada “Camino en Halloween – Luli Pampin”

 

  • Disfrazámonos. Todos viñeron disfrazados de maneira monstruosa o día 29 de outubro. Que guapos estabades!!!!

Dende o equipo do colexio, desexamos que pasarades unha boa xornada de Samaín!!!

AUDIOS E VIDEOS DE LENDAS

Lenda da Cova de San Pedro - Sergio Ansoar Seijas e Nicolás Fernández Núñez - 3º Primaria:

Lenda da serpe do embalse de Belesar - María Otero Otero - 4º primaria

Lenda de Chantada e o Demo - Laura Vázquez Cuñarro - 5º infantil
Lenda Pena de ERosa - Sonia González López - 5º Primaria

Lendas do nome Chantada, da Ribeira Sacra e das Xacias - Oliver Montes Fernández - 5º infantil

Lenda a fonte de Niega - Zhoe Figueiras Vázquez - 6º infantil
Lenda do cabaleiro das curuchas - Zhoe Figueiras Vázquez - 6º infantil
Lenda do peregrino fantasma da praza de Quintana - Zhoe Figueiras Vázquez - 6º infantil
TEXTOS DE LENDAS
 A “Fonte dos Meniños” - Ana Veiga Otero - 5º Primaria  A nosa señora do Faro. José Manuel Blanco Prado - Ana Veiga Otero - 5º Primaria
Lenda de Erosa - Aldara Ledo Gómez - 5º infantil LENDA DO CASTRO DA MOURA - SONIA GONZÁLEZ LÓPEZ - 5º PRIMARIA
LENDA DO RÍO MIÑO NA RIBEIRA SACRA - Sandro Vázquez López - 4º Primaria LENDAS DA COROA DE FUEGO, A NAI DO DEMO, A PENA DAS MALAS MULLERES - ANXO LEDO AMBOAGE 2º PRIMARIA
Romaría do Faro. Nicanor Rielo Carballo - Ana Veiga Otero - 1º Primaria  A LAGOA DA SERPE DE PENA TREVINCA - 6ºa PRIMARIA
A lenda da virxe do Faro - 5º primaria  LENDA A DAMA DO CASTRO DE GUNDIVÓS - 4º primaria
 LENDA A MOURA DO CASTRO - 2ºA  LENDA DAS LAVANDEIRAS - 2ºB
 LENDA DAS XACIAS DE MARCE - Inglés  Lenda e conto infantil e 1º de Primaria

Entrevista sticky icon

Con motivo da conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, entre outros actos, realizamos unha entrevista a Marisé que podes ver e escoitar íntegramente reproducindo o seguinte video:

Agradecemos a Marisé a boa disposición amosada nesta entrevista e o seu labor en prol dos dereitos da muller traballadora.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar