You are hereA. C. E.

A. C. E.


Actividades Complementarias e Extraescolares

VII CERTAME DE DEBUXO DE TRADESCOLA sticky icon

Este ano, os alumnos/as de 1º, 2º e 3º curso participamos neste certame de debuxo realizado pola Tradescola coa colaboración da Deputación de Lugo.
O certame consistía en realizar un debuxo que tivera que ver coa música tradicional galega. A finalidade deste, era potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural, para así conservar as nosas tradicións, é dicir, o noso patrimonio cultural.
A gañadora do certame foi Andrea Piélago do Ceip San Xoán de Becerreá, de entre 1000 debuxos participantes. Pero do noso colexio quedou entre os 25 finalistas: Carolina Otero Carballo, NORABOA CAROLINA!!!!

https://www.facebook.com/tradescola/posts/1935535539883986

 

CAMPIONATO DE XADREZ sticky icon

O venres 24 de maio, alumnos/as do Ceip Eloísa Rivadulla participaron nun torneo de xadrez celebrado no Ceip de Monforte.
En total, eran 6 equipos, nos que todos os participantes foron agasallados.
No noso centro, participaron:

-    De 6º curso: Sabela, Xabier, Antón, Jenny, Brayan e Samuel
-    De 5º curso: Dylan e Ibán
-    De 4º curso: Mario, Paul, Ánxela e Laura

O noso centro quedou nun meritorio 4º posto

Concerto de Pablo Carpinteiro sticky icon

Dende a Deputación de Lugo ofertáronos o concerto “Música e evolución”.

Este concerto foi realizado dentro do centro escolar, o día 14 de maio e estivo interpretado por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez.

Nel puidemos coñecer a evolución da música tradicional galega interpretada polos instrumentos galegos.

https://www.youtube.com/watch?v=3ZuDYuU2fMw

https://www.youtube.com/watch?v=OYRQ332IFbg&feature=share

 

 

Teatro de títeres “Guyi Guyi” sticky icon

Os nenos de Infantil do colexio foron ao Auditorio de Ourense, o día 13 de maio, para ver a obra de títeres “Guyi Guyi”.

A obra de teatro cóntanos a historia de Guyi-Guyi, un crocodrilo, que por azar naceu nunha familia de patos. Con esa familia vive feliz, ata que un día se atopa cun crocodrilo. Cando se deu conta de que os crocodrilos comen patos, Guyi-Guyi pasa por distintas dificultades para conseguir ser el mesmo...

Esta obra é unha adaptación do conto “El patito feo”.

Contacontos para Infantil sticky icon

Os alumnos/as de infantil contaron cun contacontos o día 10 de maio.

Este contacontos, contou e debuxou historias aos nenos/as sendo eles os protagonistas das historias que inventou.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar