You are hereHorario
Horario
Horario do centro
O horario lectivo do alumnado é de 8:55 a 13:55.
O portalón de entrada abrirase, para o alumnado de transporte escolar, coa chegada do primeiro autobús e nunca antes das 8:40 horas. Este alumnado estará atendido por profesorado do centro.
O alumnado non transportado debe entrar ás 8:55 sendo a familia a responsable ata esa hora.
O Centro permanece aberto e o alumnado custodiado por persoal non docente, no seguinte horario:
- De 13:55 a 15:00 para comedor (Xestionado polo Centro).
- De 15:00 a 16:00 para actividades extraescolares (Xestionado pola ANPA).
Prégase puntualidade á hora de entrar no centro; No caso de impuntualidade reiterada, tanto nas entradas como nas saídas, o centro verase na obriga de tomar as medidas oportunas e poñer en funcionamento o Protocolo de Absentismo.
HORARIO DE ATENCIÓN Á FAMILIA:
Luns de 16:00 a 17:00. Cita previa.
HORARIO DE ATENCIÓN DA ORIENTADORA:
Tódolos días, agás os mércores. Prégase cita previa.