You are hereD. da Lingua Galega

D. da Lingua Galega


Dinamización da Lingua Galega

CALENDARIO ESTIÑO sticky icon

Un ano máis recibimos o calendario “Estiño”, adicado ó río.
Debido ó COVID, non se pode distribuír para a súa venta como en anos anteriores.
Os interesados en mercar algún calendario, deberán levar os cartos (1,50 €/unidade) e darllos o/a titor/a correspondente.

Esperamos que vos guste

LETRAS GALEGAS 17.05.2020 sticky icon

Moi bo domingo! 

Comezamos o día de hoxe con algo de música:

Como xa sabedes, o 17 de Maio é o día das Letras Galegas, e aínda que este ano, dadas as circunstancias que estamos vivindo, se pospuxo a celebración dese día, nós, dende o centro, queremos homenaxear ó autor deste ano con algunha actividade, polo que vos propoñemos o seguinte:

Para todos os cursos e aqueles alumnos que desexen participar: propoñémosvos debuxar unha caricatura de Calero, onde, ó lado, escribades a vosa palabra favorita en galego e o lado nos expliquedes porque vos gusta esa palabra.
Para 5º e 6º: gustaríanos que buscarades rúas das provincias galegas co nome do autor, e sacar unha captura de pantalla ou foto de dita rúa. Cada grupo tendes asignada unha provincia, de xeito que a 5ºA tocouvos A Coruña, 5ºB deberedes centrarvos en Lugo, 6ºA tendes Pontevedra e para 6ºB asignousevos Ourense.

Ambas tarefas terán como data límite de entrega o venres 22 de maio, e deberedes envialas ós vosos titores.

Ademais, deixamosvos estas ideas para aqueles que queirades coñecer e traballar algo mais sobre Carvalho Calero.

A través deste enlace poderedes ver unha serie de caricaturas que o debuxante Siro elaborou, seguro que vos da ideas para debuxar a vosa!

Neste outro enlace tendes información sobre a vida do autor:

Se o que queredes son Unidades didácticas para traballar sobre o escritor, podedes acudir a estoutro enlace, hai algunhas en galego e outras en portugués:

"As pitas baixo a choiva" é unha páxina web que nos ofrece uns recursos moi chulos e amenos para aprender sobre Calero, conta con música, un conto e unha Unidade didáctica:

E coma todo-los anos, a web do Seminario Galán ofrécenos unha morea de recursos adaptados a diferentes idades para homenaxear, coñecer e traballar os autores homenaxeados cada ano nesta data tan importante para a nosa terra. Se premedes en cada un dos libros podedes acceder a distintas actividades, biografía, videos, xogos e incluso antigas fotografías:

E para táqueles con vena artística, un par de enlaces por si vos animades a participar. Como cada ano, a marca Feiraco convoca un concurso de relatos breves, este ano, ademais, engadiu a novidade dun Certame Infantil de Artes Plásticas moi interesante. Dende o centro animámosvos a participar, pois teredes a oportunidade de sacar á luz ese talento que moitos de vos tendes e ademais.... os premios son moi xugosos!!!

Adxuntos van un par de documentos mais sobre o autor.

E finalmente, unha serie de xogos, para que disfrutedes e o pasedes en grande!:

 

E para rematar o festexo do memos xeito que o comenzamos, unha cancionciña que vos faga disfrutar:

E aprender!:

Entroido 2018 sticky icon

Como lembraredes no 2018 participamos na V Mostra do Entroido que se celebrou en Santiago de Compostela e que ese ano se adicaba ó Entroido Ribeirao.

Deixámosvos uns vídeos dese evento.

Esperemos que vos gusten.

Unha aperta.

https://vimeo.com/256796393/24080f18e1

https://vimeo.com/257066651/3a8d769fbf

Integrantes, servizos, recursos e imaxes sticky icon

 a

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro está integrado polos seguintes compoñentes:

  • Eva Prieto Nogueiras (Coordinadora)
  • Shaila Areán Vázquez
  • Josefa Reiriz Rodríguez
  • Elva López Díaz
  • Antonio Caloto Balboa
  • Luis Somoza Méndez (Persoal non docente)

Os recursos materiais dos que dispón están condicionados cada curso escolar polas subvencions recibidas da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 Entre outros, este Equipo ofrece, polo xeral, os seguintes servizos á comunidade educativa:

  •  Espallamento dos termos cos que se coñecen na zona as distintas clases de árbores, arbustos, froitos e flores, coa elaboración dun glosario específico.
  • Divulgación da cultura e a literatura galega con actividades como:

o   Exposición de cabazas.

o   Elaboración de contos, mochilas viaxeiras, receitarios, adornos e murais (Día da Paz, Entroido…).

o   Colaboración co Plan Proxecta das tres erres: “Reutiliza, Recicla e Reduce”.

o   Participación no calendario “Estiño”.

o   Exposición de postais en Lingua Galega, con participación das familias.

o   En contacto coa Asociación de amigos do Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba, percúrase dar a coñecer esta tradición da zona desde as súas orixes ata os nosos días.

  • Divulgación da música tradicional galega, con visitas da Escola de Gaitas de Chantada, Tradescola, Odaiko…
  • Colaboración coa revista “Miuzallas”.
  • Representacións teatrais para tratar temas como a diversidade e a igualdade.
  • Xornadas dos padriños e madriñas lectores.

 


Información máis detallada nas seccións desta mesma web:

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar