You are hereA. C. E.
A. C. E.
Actividades Complementarias e Extraescolares
Entrevista
Con motivo da conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, entre outros actos, realizamos unha entrevista a Marisé que podes ver e escoitar íntegramente reproducindo o seguinte video:
Agradecemos a Marisé a boa disposición amosada nesta entrevista e o seu labor en prol dos dereitos da muller traballadora.
Visita ao Congreso de Innovación na Formación Profesional 2019
Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria do colexio, o venres 10 de maio, foron a Santiago para visitar e participar no Congreso de Fp Innova 2019.
Os obradoiros nos que participaron son os seguintes que se amosan no documento.
OBRADOIROS CREACTIVITY
A obra social “La Caixa” invitounos a participar nestesobradorios. Consistían nunespazo interactivo que fomenta o enxeño e a creatividade entre os escolares. Así, permitíalles investigar, formular retos concretos, pensar solucións, compartir, colaborar, improvisar,… Destamaneira, os alumnos/as traballaron competencias transversais no ámbito matemático, científico e tecnolóxico.
Nestaactividade participaron os alumnos/as de 1º, 2º, 3º, 4º e 5º curso.
https://www.youtube.com/watch?v=YXwDXyymvLk
https://www.youtube.com/watch?v=SkoqI3LlHII
FIN DE CURSO
O último día de curso, o día 21, celebramos no colexio, o cambio de etapa dos alumnos/as de 5 anos e de 6º curso. Durante este acto recibiron a entrega de orlas e unha alumna de 6º curso, Rebeca, recibiu ademais unha mención honorífica polo bo traballo realizado.
Para esta despedida, os alumnos/as de 5 anos obsequiáronnos cun:
• Recitado dun poema de Manuel María, denominado “A fala”
• Coa intepretación de tres cancións, “O pingacho”, “Imos bailar” e “Soy una taza”. Nesta última, invitaron a todo o colexio a bailar.
Para a despedida de 6º curso, os alumnos/as interpretaron as cancións: “De ellos aprendí”, “La venda” e “El baile del gorila”. Nesta última canción, invitaron a todo o colexio a participar no baile e cantar.
Os nenos/as de 4º curso, agasallaron a estes grupos coa canción “Tenía tanto que darte”.
Ademais disto, proxectouse unha presentación na que os pequenos contaban a súa historia no centro e un vídeo que recorda todo o seu paso polo colexio.
Por último, neste día, tamén se fixo entrega das medallas das olimpiadas e do traballo das letras galegas.
Proxecto "Meu río R"
Dende a Confederación Hidrográfica do Miño- Sil e Educación fomos seleccionados para realizar un proxecto ambiental, denominado “ Me gusta mi río”.
Con esta actividade, buscan a sensibilidade ambiental dende a poboación máis xove, concienciando sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais.
Este proxecto comeza cunha charla informativa e catro saídas (dúas este ano e dúas para o próximo) O día 11 de marzo tivo lugar a charla informativa, na que falaron da necesidade dun río san, das especies invasoras e autóctonas que hai, de como funcionan as depuradoras, dos problemas e dificultades que se atopan os seres vivos no río, da contaminación e da escaseza de auga.
O día 1 de abril tivemos a primeira saída de campo. Dirixímonos ao río Comezo para levar a cabo diversas actividades de análise medioambiental.
A primeira actividade consistiu na simulación dunha depuradora de auga por procesos naturais.
Na segunda actividade puidemos analizar a contaminación da auga a través dunha estación físico- química.
Na terceira actividade fixemos un estudo da calidade da auga a través do estudo dos macroinvertebrados que habitan nela.
E na última actividade, o estudo enfocouse na biodiversidade pondo especial atención ás árbores, plantas e dos rastros e sinais de animais que habitan no entorno.
Entre medio, aproveitando o día soleado, fixemos un descanso para gozar dunha apetitosa merenda na natureza.
O día 3 de xuño, tivemos a segunda saída o río. Dirixímonos de novo, ao río Comezo. Alí levamos a cabo, as seguintes actividades:
Actividades da estación de auga: montaxe dunha depuradora, taller de elaboración de pegadas e unha proba do efecto invernadero que aumenta a temperatura do planeta.
Actividades de análise físico-químico: recordamos como se analizaba a auga do río e recoñecimos a auga dun río entre outros tipos de auga.
Actividades de análise de macroinvertebrados: emparellamos cada larva co seu adulto e capturamos insectos para observalos.
Actividades de biodiversidad: buscamos e identificamos con prismáticos animais e comentamos as características da fauna que atopamos.