You are hereA. C. E.

A. C. E.


Actividades Complementarias e Extraescolares

DÍA DA MULLER sticky icon

Onte, 8 de marzo, celebramos o Día da Muller. Para conmemoralo fixemos un mural relacionado co proxecto (o Camiño de Santiago) que estamos desenvolvendo a nivel de centro.

Participou todo o alumnado; @s de infantil decoraron as letras do título Mulleres no Camiño e @s de primaria perfilaron a silueta dunha muller cun poema relacionado co Camiño de Santiago.

O resultado foi este:

 

Aproveitamos para facer un recordatorio dos libros recomendados desde biblioteca que teñen relación con esta conmemoración. Son:

ELMERT, Sandra: 100 mujeres que cambiaron el mundo. Editorial RBA

RODRÍGUEZ, Anaír: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño. Editorial Xerais

 

25 de Novembro 2021 sticky icon

Esta semana realizamos varias actividades ofertadas polo CIM coa temática da non violencia. O mércores 23 de novembro, o alumnado de infantil do centro escolar, tivo un contacontos no patio do colexio sobre esta temática.

Ademais, o 25 de novembro, o alumnado de 6º curso desprazouse ao Auditorio de Chantada, onde coincidiu con outros centros, e puxeron en común as súas opinións sobre o tema.


 

Ademais, o alumnado do centro, realizou un mural contra a violencia de xénero.

Un sello para Lugo sticky icon

Parte do noso alumnado participou no concurso escolar "Un sello para Lugo" da Federación Española de Sociedades Filatélicas en colaboración ca Sociedade Estatal de Correos. Os nosos debuxos ensalzaban o camiño primitivo de Santiago!

Foi todo unha honra que a nosa alumna de 6º Noemí fose unha das finalistas do concurso. O 23 de outubro recolleu o premio pola súa excelente participación. Noraboa!

 

Día das persoas maiores sticky icon

O pasado 1 de outubro festexamos o día das persoas maiores. Grazas a todas as familias que colaboraron con nós poidemos crear un mural onde se reflicten os consellos que os nosos maiores dan ás novas xeracións.

Charla sobre o tabaquismo sticky icon

O 22 e o 29 de Outubro, os alumnos/as de 6º curso tiveron unha charla sobre o tabaquismo. Esta charla–coloquio foi ofrecida por unha educadora social da Unidade asistencial de Drogodependencia de Monforte.

O fin da charla era instruir nas problemáticas do tabaco para así desenvolver hábitos e actitudes saudables.

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar