You are hereA. C. E.

A. C. E.


Actividades Complementarias e Extraescolares

TRABALLOS EN FAMILIA sticky icon

Os nenos/as do centro Eloísa Rivadulla fixeron esta fermosa decoración de Nadal coa axuda da súa familia, en relación ao tema proposto "Metereoloxía".

Arte nos vidros sticky icon

Este xoves 26 de maio parte do noso alumnado de 6º achegouse ó Bar 13 para deixar alí plasmadas unha das pinturas do arquitecto Manuel Jorge. A experiencia foi moi boa e os resultados aínda mellores! Grazas á Asociación Amigos de Manuel Jorge por convidarnos!

Letras Galegas 2022 sticky icon

A derradeira semana estivo cargada de xogos e retos porque festexamos as Letras Galegas.

Sacra, a mascota da nosa biblioteca saíu ós corredores para propoñerlle varios retos ó alumnado de 1º a 4º: preguntas sobre o homenaxeado Florencio Delgado Guarriagán e un "Pasapalabra" sobre a súa vida e obra.

Os nenos/nenas de Infantil tamén foron retados e estiveron a correr na procura dunha pista que lles axudase a atopar algunha peza para completar o retrato do autor.

Os máis maiores sumerxíronse nun xogo de escapismo que precisaba do seu inxenio para ir descubrindo a vida e obra do autor. Con todo eso chegaron a atopar a estatua perdida do autor no pobo do Barco de Valdeorras!

 

 

 

Semana da prensa e Día do Libro sticky icon

A semana pasada celebramos no colexio a semana da prensa e o libro, tendo en conta que o 23 de Abril é o Día Internacional do Libro. Realizouse un xornal compilando as noticias recollidas do Camiño de Santiago, así como outro tipo de traballos. Para festexar o día do Libro, traballamos especialmente a Carlos Casares, lendo cada curso un libro diferente do autor e reproducindo as súas portadas. 

Xornada de bádminton sticky icon

O noso alumnado de 6º de Primaria fixo unha saída ó Pavillón Municipal para ter unha xornada de bádminton. Puxeron en práctica o que aprenderon na segunda avaliación sobre este deporte. Moitas grazas a Diego, Conde e ó Concello de Chantada pola súa colaboración.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar