You are hereA. C. E.

A. C. E.


Actividades Complementarias e Extraescolares

Saída a Vigo sticky icon

O luns 10 de xuño, os alumnos/as de 4º A foron de excursión á Vigo.
Alí visitaron, o zoo, o aeroporto, o Castro, a praia de Samil e o porto de Vigo.
Podedes ver como gozaron do día nasseguintesimaxes.
http://vigozoo.com/
http://www.turismodevigo.org/es/monte-de-o-castro

EN TREN POR DOADE sticky icon

O venres 14 de xuño, os alumnos/as de infantil disfrutaron dunmarabillosoviaxe en tren por Doade. Podedes ver que ben o pasaron nestereportaxe de imaxes que se mostra a continuación.

COGAMI VISITA O NOSO COLE sticky icon

O pasado xoves, 30 de maio, tivemos a visita de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)

Ao alumnado de E.I. contáronnos o conto “O monstruo de Ricardo” e despois cada un de nós puido debuxar o seu propio monstruo a partir dun xogo con dados xigantes.

Mentres, o alumnado de 1º e 2º, disfrutamos dun taller de arte, onde, por grupos, puidemos pintar o noso propio mapa seguindo as instrucións que nos daba Manuel.

Tivemos moita sorte, xa que David, tamén nos levou de paseo na súa cadeira de rodas eléctrica e Manuel ensinounos a usar o seu bastón.

Ademais, o alumnado de E.I. e 1º e 2º puidemos experimentar a pintar un gran mural coa cabeza, xa que Juan, nos ensinou e animou.

Pasámolo moi ben e agradecemos a visita dos usuarios do centro de Lugo de COGAMI.

SAÍDA FIN DE CURSO – 1º E 2º DE PRIMARIA sticky icon

O pasado luns 10 de xuño, o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria visitamos a “Aldea cavernícola” de Leiro (Ourense) como excursión de fin de curso.

Alí, pasamos un día xenial coas nosas titoras, Susana e Glenda, e a profe Lucía que nos acompañou.

Pola mañá, participamos en diversas actividades de lecer: tiro con arco, futbolín inflable, loita, circuíto americano e toro mecánico.

Para despois de comer, tiñamos preparada a gran sorpresa: unha pelota inflable xigante, na que, por grupos, debíamos desprazarnos pola auga do río.

Ao rematar de merendar, regresamos a Chantada, cansos pero moi contentos das experiencias vividas.

Saída a Rivadavia e Leiro sticky icon

O mércores 12 de xuño, os alumno/as de 3º e 4º B fixeronunhasaída a Rivadavia e a Leiro.
En Rivadavia puideron ver o museo etnolóxico; a tahona da Herminia,ondecoñeceron distintos apeirosantigos e degustaron os postres xudeus; o barrio xudeo e o Castelo.
En Leiro pasaron unha tarde de aventuras na aldea cavernícola, onde gozaron de diversos xogos, como podedes ver a continuación.
https://museos.xunta.gal/es/etnoloxico-ribadavia
https://elcomidista.elpais.com/elcomidista/2012/11/28/articulo/1354082400_135408.html
http://www.ribadavia.net/esp/zonas/tahona_herminia.htm
http://www.ribadavia.net/esp/patrim/patrimonio.htm

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar