You are hereCOGAMI VISITA O NOSO COLE

COGAMI VISITA O NOSO COLE


By caloto - Posted on 25 Xuño 2019

O pasado xoves, 30 de maio, tivemos a visita de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)

Ao alumnado de E.I. contáronnos o conto “O monstruo de Ricardo” e despois cada un de nós puido debuxar o seu propio monstruo a partir dun xogo con dados xigantes.

Mentres, o alumnado de 1º e 2º, disfrutamos dun taller de arte, onde, por grupos, puidemos pintar o noso propio mapa seguindo as instrucións que nos daba Manuel.

Tivemos moita sorte, xa que David, tamén nos levou de paseo na súa cadeira de rodas eléctrica e Manuel ensinounos a usar o seu bastón.

Ademais, o alumnado de E.I. e 1º e 2º puidemos experimentar a pintar un gran mural coa cabeza, xa que Juan, nos ensinou e animou.

Pasámolo moi ben e agradecemos a visita dos usuarios do centro de Lugo de COGAMI.

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar