You are hereA. C. E.

A. C. E.


Actividades Complementarias e Extraescolares

VISITA DOS AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTAIS sticky icon

O día 20 de marzo, para celebrar o día da árboretivemos a visita no colexio dos axentes facultativos medioambientais da comarca de Chantada. Eles viñeron o colexio para facer varias actividades.
Primeirodéronnosunha charla onde nos falaron dos seguintes puntos:

•a importancia das árbores e do coidado do chan
•os anos das árbores
•as árbores centenarias e as autóctonas
•as árbores invasoras
•os problemas que sofren os nosos bosques: a deforestación, a contaminación, os incendios, a erosión….
•Dos permisos que existen á hora de queimar algo nun lugar.

A continuación saímosfora, e alí, ensináronnos a carroceta e diferentes utensilios que utilizan eles diariamente.
E por último, fixemosunha plantación de catroárbores do contorno: dousfreixos e dúas cerdeiras.
Queremos agradecer dende aquí a súa visita e a boa disposición e colaboración que tiveron.

Día da muller traballadora sticky icon

O día 8 de marzo é o día da muller traballadora. Dende o centro quixemos traballar este día, para recordar a todas as mulleres do pasado, presente e futuro que loitaron, loitan e loitarán pola consecución de dereitos e a búsqueda da igualdade.

Así, creamos un mural e un vídeo para dar a coñecer as mulleres galegas pioneiras en realizar un oficio. Para iso, tivemos en conta o libro de xerais “Pioneiras galegas que abriron camiño”

Tamén visualizamos tres cortos, onde observan os distintos estereotipos que se dan na sociedade que vivimos: “dragon boy”, “Purl” e “super Lola” e a canción “Son Muller”  canción gañadora do concurso “Quero cantar”.
https://www.youtube.com/watch?v=k78plIDPx3I

Charla de Educación Emocional sticky icon

O día 29 de abril, os alumnos/as de Primaria tiveron unha charla “La fórmula de las emociones”. Esta charla foi ofertada pola editorial Vicens Vives e dada por Elisa Maneiro.
Durante a charla contaron un conto e representaron distintas emocións, como a risa, o enfado, a alegría, o medo, a sorpresa,…

Visitamos o taller da Ulloa sticky icon

O día 25 de abril os alumnos/as de 3º de Primaria tivemosunhasaída para coñecer o taller da Ulloa.

Os usuarios deste taller, ensináronnos a facer papel reciclado e a elaborar libretas e lapiceiros con este papel.

Tamén, puidemos ver o traballo que realizan eles alí, con papel reciclado.

Visita á base aérea de Marroxo sticky icon

O venres 12 de abril, os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria tiveron unha saída a Doade.

Comezaron indo a un souto de Doade onde viron uns carballos milenarios.

A continuación, visitaron a base aérea de Marroxo. Alí, subiron a caseta de vixilancia. No primeiro piso, viron emisoras e uniformes antigos. No segundo piso, viron os postos forestais de vixilancia de Galicia e ensináronlles como controlaban os incendios dende a torre.
Despois, subiron o helicóptero e manipularon os botóns e falaron pola emisora. Alí tamén lle ensinaron a bolsa onde cargaban a auga para os incendios.
Por último, foron o taller, onde provaron todos os utensilios que utilizan: casco, gafas, mochila,.. e tamén lle ensinaron como apagar os incendios e que ferramentas utilizan.

Esta mesma saída, tamén a realizaron os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria o día 26 de abril

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar