You are hereVisita á base aérea de Marroxo

Visita á base aérea de Marroxo


By caloto - Posted on 11 Maio 2019

O venres 12 de abril, os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria tiveron unha saída a Doade.

Comezaron indo a un souto de Doade onde viron uns carballos milenarios.

A continuación, visitaron a base aérea de Marroxo. Alí, subiron a caseta de vixilancia. No primeiro piso, viron emisoras e uniformes antigos. No segundo piso, viron os postos forestais de vixilancia de Galicia e ensináronlles como controlaban os incendios dende a torre.
Despois, subiron o helicóptero e manipularon os botóns e falaron pola emisora. Alí tamén lle ensinaron a bolsa onde cargaban a auga para os incendios.
Por último, foron o taller, onde provaron todos os utensilios que utilizan: casco, gafas, mochila,.. e tamén lle ensinaron como apagar os incendios e que ferramentas utilizan.

Esta mesma saída, tamén a realizaron os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria o día 26 de abril

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar