You are hereA. C. E.

A. C. E.


Actividades Complementarias e Extraescolares

CAMPAÑA "VER PARA APRENDER" sticky icon

No mes de setembro o colexio anotouse a unha campaña que nos ofertaron: “Ver para aprender”.

Esta campaña comeza o 11 de Outubro, día Mundial da Visión, e ten como finalidade a concienciación e a revisión do estado da saúde visual dos nenos/as, xa que se pensa que un de cada tres casos de fracaso escolar están relacionados cun problema de visión sin diagnosticar.

 

 

Charla sobre o tabaquismo sticky icon

O día 2 e 9 de Outubro, os alumnos/as de 6º curso tiveron unha charla sobre o tabaquismo, denominada “Fumatas”. Esta charla - coloquio foi ofrecida por unha educadora social da “Unidade Asistencial de Drogodependecia de Monforte”. ´
Nela fixeron actividades encamiñadas a desenvolver hábitos e actitudes saudables.

Así, viron:

•    Os prexuizos e beneficios (os/as alumnos/as non atoparon ningún) do tabaco facendo unha tormenta de ideas.
•    Imaxes de xente que fumaba, cambios que experimentaban interior e exteriormente e os problemas que ocasionan os bebés con nais fumadoras
•    Os compoñentes que tiña o tabaco e as maneiras de rechazar o tabaco sen violencia.
•    E fixeron actividades, como sopas de letras, un test do tabaco e un experimento.

A continuación, deixamos distintos documentos que nos facilitou esta educadora social que poden ser de interese para as familias:

Día da bici (curso 2017/18) sticky icon

Celebramos o día da bicicleta o 21 de xuño. Os alumnos de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria recorreron un circuito dentro do recinto escolar, aos mais pequenos axudáronlle nenos/as de cursos superiores.

Os alumnos de 4º a 6º de Primaria percorreron un circuito por Chantada en colaboración coa Policia Local.

Tamén participaron nunha charla da DGT e dunha entrevista a un ciclista de Xinzo, Carlos Canal, campeón de España de Ciclo Cross e BTT da categoría xuvenil.

Todos disfrutaron dun coche e unha moto patrulla da Garda Civil de Tráfico.

A continuación tedes algúns documentos gráficos:

   
   
 

Entroido 2018 sticky icon

O venres, día 9 de febreiro, festexamos no Centro o Entroido. Estes son algúns momentos da celebración:

Neste outro video recóllense tamén outros momentos:

Homenaxe sticky icon

Por iniciativa dun grupo de alumnas de 5º curso de Educación Primaria, o pasado venres, 23 de marzo, o centro rendeu unha homenaxe a GABRIEL, o neno recentemente asasinado en Andalucía, apostando pola PAZ e a NON VIOLENCIA.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar