You are hereD. da Lingua Galega

D. da Lingua Galega


Dinamización da Lingua Galega

VISITA DO APALPADOR (ANXO MOURE)

          Hoxe 14 de Decembro de 2015 recibimos unha visita a do Apalpador(Anxo Moure).

(FAI CLIC NO APALPADOR PARA VER AS FOTOS)

          O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".

INVESTIGACIÓN CONXUNTA CO ALUMNADO DO IES VAL DO ASMA ( 5º e 6º primaria)

                        O alumnado de 5º de primaria do CEIP Eloísa Ribadulla acude ao IES Val do Asma a realizar unha practica de laboratorio o 5 de Novembro de 2015 conxuntamente co alumnado de 4º da ESO organizado polo Departamento de Bioloxía e o EDNL do noso centro. Así como tamén o 13 de Novembro de 2015 acude igualmente 6º de primaria.
 
(FAI CLIC NA CÁMARA DO CURSO CORRESPONDENTE)

   5º DE PRIMARIA

 6º DE PRIMARIA    

 

SAMAÍN 2015

                  Na semana do 26 o 29 de Outubro celebramos no centro o "SAMAÍN" con diversas actividades.

 Para ver os resultados facede CLIC NO CARTEL DE ACTIVIDADES.

 

SAMAÍN

    Na última semana de Novembro fixéronse diferentes actividades relacionadas co Samaín, entre elas:

- Exposición de cabazas.

- Lectura de contos: "Corre corre cabaziña", "Gato Guille e os monstruos", "A bruxa Regañadentes", "O rato Renato",...

- Decoración de corredores.

- Actividades plásticas.

   Fai CLIC na imaxe ou nas diferentes actividades.

 

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

Para ver as fotos fai CLIC na imaxe.

        No mes de Novembro levamos a cabo unha exposición de cogomelos na que aprendemos nomes tan curiosos como peido de lobo,...

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar