You are hereD. da Lingua Galega

D. da Lingua Galega


Dinamización da Lingua Galega

Creamos un conto... sticky icon

Durante estes días, con motivo do día do libro, editamos un conto realizado con viñetas recortadas dunha cortina de baño utilizada.
Baseándose nestas imaxes os nenos/as inventaron un conto moi divertido.
Espero que vos guste!!!

MOCHILAS VIAXEIRAS sticky icon

Repartíronse 19 mochilas entre todos os cursos do colexio, para que durante unha semana toda a familia poida participar dos seus contidos:

-     Libros en galego: libros para mirar, libros ilustrados e con pouco texto,  libros divulgativos, que traballan valores...

-    Caderno viaxeiro: onde poder mostrar as vosas opinións e suxerencias sobre a actividade, os materiais...ou incluso facer algún debuxo.

-   Unha folla onde poder recoller algunha receita de sobremesas, propias da cociña tradicional da nosa zona. Recompilarémolas para elaborar un receitario.

Os libros seleccionados son:

-    Infantil 3 anos: “Gatuxo”, “Queres coñecerme?”, “O sono do osiño rosa” e “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”.

-    Infantil 4 anos: “O carballo con botas”, “Cando nace un monstro”, “Lobo feroz”, “A miña amiga a escuridade”, “Yared e a reciclaxe” e “De maior quero ser”.

-    Infantil 5 anos: “A cebra Camila”, “Avós” e “Sígueme”.

-    1ºA e 1ºB: “Chocolata”, “O carballo con botas” e “Contos en cantos”.

-    2ºA: “Quen me quere adoptar?” e “Contos en cantos”.

-    2ºB: “Un tren cargado de misterios” e “Cartas que veñen e van”.

-   3ºA: “Querida Susi, Querido Paul”, “Ola, ola, la!”, “María Fumasa”, “Sobre os bichiños” e “Sobre os reptiles”. Xa iniciaron unha segunda ronda con estes libros: “Kika Superbruxa e os piratas”, “Kika Superbruxa na procura do tesouro”, “Mamá Cabra: A bruxa discordia. Cancións para a paz”, “Mamá Cabra: Bicos de música”, “As marcas dos animais” e “O planeta das curiosidades”.

-    3ºB: “Estamos no verán”, “Pregunta ao Dr. Peteiro sobre o planeta Terra” e “Pregunta ao Dr. Peteiro sobre o tempo”.

-    4º: “Contos para nenos que dormen enseguida” e “O peto máxico”.

-    5º: “Contos para nenos que dormen enseguida”, “Cos pés no aire”, Kika Superbruxa e os indios” e “O misterio dos fillos de Lúa”.

-    6º: “Contos para nenos que dormen enseguida”, “A bruxiña da sorte”, “Orla Tragarrás” e “Xan Guindán mensaxeiro”.

Entroido 2017 sticky icon

 Estas imaxes corresponden á celebración do Entroido, o venres 24 de febreiro. En primeiro lugar, a media mañá, disfrutamos dun saboroso chocolate con biscoitos e logo subimos ás aulas a disfrazarnos, todo o colexio, dos distintos personaxes do Entroido Ribeirao. Os alumnos de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria, vestíronse de volantes; os de 4º, 5º e 6º de Primaria representaron os oficios de voda, orquestra e escola de pais, respectivamente; e mestres e conserxe de maragatos. Primeiro houbo un desfile e despois os oficios.

Agracemos a colaboración da Asociación de amigos do Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba e, en especial a Marisé, pola información e o entusiasmo transmitidos ó longo de dous días de charlas. Tamén disfrutamos da axuda desinteresada de moitas mais na elaboración das frores para os puchos.

Acceso ao álbum

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar