You are hereD. da Lingua Galega

D. da Lingua Galega


Dinamización da Lingua Galega

Calendario Estiño sticky icon

Este ano o calendario adicouse á AUGA. Alumnos/as do noso colexio realizaron traballos sobre a seca. Pinchando na imaxe accédese á web do colectivo Estiño.

 

 

Folión de carros 2018 sticky icon

A Asociación Cultural Amigos do Folión invitounos a participar nun concurso de cartaces sobre o folión de Carros das festas de Chantada do 25 de agosto do 2.018, xunto co CEIP Xoán de Requeixo. Antes do 25 de marzo elaboramos e entregamos 9 carteis realizados con distintas técnicas e diversas autorías (só hai un individual, o resto son de grupos de alumnos ou aulas). O 4 de maio dita asociación veu ao noso colexio coa boa nova de que o cartaz gañador do concurso era un dos nosos, en concreto dun grupo de alumnos/as de 6º de Primaria.

Ademais da homenaxe recibiron dous cadros (un do cartaz ganador e outro que recolle os traballos presentados por ambos colexios) e 100 euros.

Se os queredes ver, atópanse expostos na entrada do colexio.

 

O apalpador e o Entroido Ribeirao sticky icon

O APALPADOR

O apalpador foi o máis madrugador en vir polo noso cole, foi o 11 de decembro e deixou aos nenos e nenas (barrigas incluidas) moi contentas. Ven das montañas do Courel e trae castañas asadas para os nenos, mentres apalpa as barrigas di: “Apalpa barrigas son, apalpo as barrigas coas miñas mans, e traio castañas asadas, para os nenos e as nenas que comen sán”.

Álbum

ENTROIDO RIBEIRAO

Entroido Ribeirao en Santiago , Lamas de Abade, (CIFP Compostela: conglomerado de 5 centros de distintos niveis educativos). É o 5º ano no que se adica o Entroido a un dos Entroidos tradicionais de Galicia.

O venres 2 de febrero participamos, colaborando co EDNL de dito CIFP: a Asociación de Amigos do EntroidoRibeirao, os centros educativos da vila (CEIP Xoán de Requeixo, IES Val do Asma, IES Lama das Quendas e CEIP Plurilíngüe EloisaRivadulla).

Saimos ás 8:30h e regrasamos ás 4:10halíunirémonos:membros da dita asociación, alumnos dos centros educativos: entre 9 (fixos) e 2 mestres.

Todos os centros dispuxemos dunha ligazón para seguir en tempo real (spriming) nun acto realizado de 10:00h a 11:00h, no noso cole víuse en tódalas aulas. Dous “Generales” do Ulla recibiron ao noso Entroido, vimos parte do video realizado por David Vázquez “O Moredo” e escoitamos unha charla conferencia a cargo de Juán Carlos na que se explicouo máis relevante sobre as particularidades deste Entroido.

As 11:00h, iniciamos un percorrido que une tódolos centros educativos que participan nesta actividade en Santiago de Compostela. É una comitiva na que tamén participan moitos alumnos, todos vestidos dos diferentes personaxes do Entroido Ribeirao (incluida una charanga). Desembocamos nunha gran praza, onde houbo desfile e baile de todos os participantes. Estes actos ían ser grabados e emitidos conexión en directo pola TVG, máis una granizada en riguroso directo, fixo que se aplazara o tempo suficiente para que a nosa comitiva poidese cambiarse de roupa.

Por último degustamos una estupenda empanada (típica empanada da zona: con patacas, iscos e chourizos), e un variado surtido de comida e bebida preparada e moi ben servida polos alumnos da escola de hostelería dun dos centros participantes.

Foi una gran satisfacción ver con canta consideración, traballo e alegría fomos recibidos en Lamas de Abade: Grazas!

Álbum

DÍA DA PAZ sticky icon

O 30 de xaneiro celebramos no colexio Eloísa Rivadulla o día da paz e da non violencia.

Comezamos interpretando unha canción protesta de Bob Dylan (premio de literatura o ano pasado), “Blowin in thewind” Esta canción foi interpretada o piano e as flautas polos alumnos/as de 6º curso e cantada polos alumnos/as do colexio co acompañamento do mestre Austin.

 A continuación, os nenos/as de 6º curso leron un manifesto e rematamos bailando todo o colexio a canción de Chayanne“ Madre Tierra.

 Ademais realizouse una árbore de corazóns verdes, co significado da esperanza nos corazóns da xente para conseguir a paz.

SAMAÍN 2017 sticky icon

Un ano mais celebramos o samaín coa colaboración das familias e a cada vez maior ilusión dos/as  rapaces e rapazas. Tanto a cantidade como a calidade das cabazas expostas foron en aumento.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar