You are hereD. da Lingua Galega

D. da Lingua Galega


Dinamización da Lingua Galega

Carballo con botas e Caramulo sticky icon

"O carballo con botas”: con este nome realízase unha actividade moi interesante, novidosa e que pon en funcionamento distintos ámbitos (departamento de actividades extraescolares, profesores de plástica, familias, e EDLG) para traballar diversas conmemoracións: literatura  galega, día da árbore e Plan Proxecta.


Aspecto literario: Aproveitamos a presencia de Anxo Moure na actividade de reciclaxe de papel, para realizar unha nova versión do seu conto, O carballo con botas. Traballamos o conto nas aulas, e despois os rapaces realizaron tódalas ilustracións en DIN A4, que foron expostas no patio o día 31 de marzo, día no que Anxo voltaba ao centro para recoller os corazóns pintados reciclados e presentar dous novos libros: “A xacia Louviñas” e “Caramulo e a carpinteira de soños”.  A presencia do mulo fixo as delicias dos rapaces.


Aspecto naturista: No conto, nace un carballo nunha bota vella abandonada.  Así que nós propuxemos e conseguimos plantar 163 botas (valeu todo tipo de calzado). Tentamos traballar moitos aspectos de naturais: a vida das plantas, as súas necesidades (terra, auga, luz...),  o seu crecemento (estiveron ata finais de curso con nós, tiveron que regalas ), a influencia do clima (algunhas morrían pola seca nas vacacións de Semana Santa, ou sufriron coas xeadas de maio)... Acomodamos a planta á cantidade de terra de cada calzado, houbo gran variedade: sementes, brotes e plantas de herbas, flores , árbores... Colocámolas no patio do colexio e a finais de curso cada rapaz recolleu a súa e levouna para casa. É certo que moitas delas xa non albergaban a mesma planta, pois houbo que replantar aquelas que non resistiron as inclemencias do tempo.


Aspecto ecolóxico: xa que todo o calzado era reutilizado: vello e/ou inservible, a colaboración das familias foi moi alta. Tamén procuramos plantar sen gastar: esquexes, belotas e castiñeiros xa brotados (abundantes nesta época),  legumes  da casa postas previamente a xerminar, herbas silvestres...de todo.

Mural Letras Galegas 2017 sticky icon

Mural das Letras Galegas 2017 adicado á vida e obra de Carlos Casares. Foi realizada por todo o alumnado do colexio (especialmente polos alumnos de apoio), con material reciclado.

Calendario Estiño sticky icon

Este ano o calendario adicouse ás larpeiradas. Todo o colexio traballou a receita da compota. Pinchando na imaxe accédese á web do colectivo Estiño.

 

Revista Miuzallas sticky icon

Con esta revista colaborou o colexio aportando dúas receitas (galletas de manteiga e compota de mazá) que foron seleccionadas de entre todas as que nos chegaron dende as familias por medio das mochilas viaxeiras. Pinchando na imaxe podes ver a revista completa.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar