BLOG ENDL

Creamos un conto...

Durante estes días, con motivo do día do libro, editamos un conto realizado con viñetas recortadas dunha cortina de baño utilizada.
Baseándose nestas imaxes os nenos/as inventaron un conto moi divertido.
Espero que vos guste!!!

Tags: BLOG ENDL, Xogando e creando

MOCHILAS VIAXEIRAS

Repartíronse 19 mochilas entre todos os cursos do colexio, para que durante unha semana toda a familia poida participar dos seus contidos:

-     Libros en galego: libros para mirar, libros ilustrados e con pouco texto,  libros divulgativos, que traballan valores...

-    Caderno viaxeiro: onde poder mostrar as vosas opinións e suxerencias sobre a actividade, os materiais...ou incluso facer algún debuxo.

-   Unha folla onde poder recoller algunha receita de sobremesas, propias da cociña tradicional da nosa zona. Recompilarémolas para elaborar un receitario.

Os libros seleccionados son:

-    Infantil 3 anos: “Gatuxo”, “Queres coñecerme?”, “O sono do osiño rosa” e “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”.

-    Infantil 4 anos: “O carballo con botas”, “Cando nace un monstro”, “Lobo feroz”, “A miña amiga a escuridade”, “Yared e a reciclaxe” e “De maior quero ser”.

-    Infantil 5 anos: “A cebra Camila”, “Avós” e “Sígueme”.

-    1ºA e 1ºB: “Chocolata”, “O carballo con botas” e “Contos en cantos”.

-    2ºA: “Quen me quere adoptar?” e “Contos en cantos”.

-    2ºB: “Un tren cargado de misterios” e “Cartas que veñen e van”.

-   3ºA: “Querida Susi, Querido Paul”, “Ola, ola, la!”, “María Fumasa”, “Sobre os bichiños” e “Sobre os reptiles”. Xa iniciaron unha segunda ronda con estes libros: “Kika Superbruxa e os piratas”, “Kika Superbruxa na procura do tesouro”, “Mamá Cabra: A bruxa discordia. Cancións para a paz”, “Mamá Cabra: Bicos de música”, “As marcas dos animais” e “O planeta das curiosidades”.

-    3ºB: “Estamos no verán”, “Pregunta ao Dr. Peteiro sobre o planeta Terra” e “Pregunta ao Dr. Peteiro sobre o tempo”.

-    4º: “Contos para nenos que dormen enseguida” e “O peto máxico”.

-    5º: “Contos para nenos que dormen enseguida”, “Cos pés no aire”, Kika Superbruxa e os indios” e “O misterio dos fillos de Lúa”.

-    6º: “Contos para nenos que dormen enseguida”, “A bruxiña da sorte”, “Orla Tragarrás” e “Xan Guindán mensaxeiro”.

Tags: BLOG ENDL

Glosario

Tags: BLOG ENDL

CELEBRACIÓN "DÍA DO LIBRO" (EQUIPO NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGUÍSTICA)

     O 23 de Abril celébrase o Día do Libro, para conmemorar esa data, o ENDL organizou unha  exposición de libros en galego na entrada do centro. Na exposición figuran libros na nosa lingua para todas as idades e de diversos xéneros e temáticas.

 

      Ademáis, entre todos os alumnos/as elaboramos un mural co lema  "gustanme os libros, gustame ler". Os nenos/as crearón eslogáns sobre o tema que escribiron e pegarón no mural.

(FAI CLIC PARA VER AS FOTOS)

Tags: BLOG ENDL

BLOG ENDL

Benvidos ao blogue do ENDL do CEIP Eloísa Rivadulla de Chantada. Aquí vos deixamos unha ligazón

http://endleloisarivadulla.blogspot.com.es/

 

 

Tags: BLOG ENDL